Tordo de cabeza cincenta
| Tordo de cabeza cincenta Rango fósil: 0,09 Ma-0 Ma Plistoceno tardío – Holoceno | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
O tordo de cabeza cincenta[2] (Turdus obscurus) é unha ave da familia Turdidae. Reprodúcese en bosques densos de coníferas e taiga desde Siberia e Mongolia ata o Xapón. É unha especie fortemente migratoria, que inverna no sur da China e sueste asiático. É unha ave vagante rara en Europa occidental.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Foi descrito formalmente en 1789 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin na súa edición revisada e ampliada do Systema Naturae de Carl Linné. Situouno cos tordos no xénero Turdus e acuñou para el o nome binomial Turdus obscurus.[3][4] O seu nome científico procede do latín e significa 'tordo escuro'.[5] Gmelin baseouse para a súa descrición no "Dark thrush" que fora descrito con ese nome en 1783 polo ornitólogo inglés John Latham na súa obra de varios volumes A General Synopsis of Birds. Latham sinalou que "esta é unha especie siberiana e atópase nos bosques alén do lago Baikal" mais non explicou a fonte da súa información.[6] A especie é monotípica, é dicir, non se lle recoñece ningunha subespecie.[7]
Descrición
[editar | editar a fonte]É un bonito tordo, cun dorso e cabeza gris, cunha liña ocular negra bordeada de branco por arriba e abaixo. O peito e flancos son laranxa e a barriga branca. Os sexos son bastante similares, pero os inmaturos teñen un dorso máis marrón.
O macho canta unha canción asubiante simple, similar á da especie emparentada tordo visgueiro.
Comportamento
[editar | editar a fonte]Nidifica en árbores, pon de 4-6 ovos nun niño limpo. As aves en migración e as invernantes adoitan formar pequenas bandadas. É onmívoro, come unha ampla variedade de insectos, miñocas e bagas.
En 2007 un exemplar foi albiscado no Observatorio de Aves de Xerusalén en Xerusalén.[8] Este é o segundo avistamento en Israel; despois doutro en Eilat en outubro de 1996.
En 2011, un exemplar foi avistado por primeira vez en Australia, preto de Malanda en Queensland.[9]
Rexistro fósil
[editar | editar a fonte]En 2017, unha avaliación de paseriformes indonesios do Plistoceno tardío atopou un fósil desta especie.[10]
Galería
[editar | editar a fonte]- Ovos de tordo de cabeza cincenta da colección do Museo de Wiesbaden
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International. "Turdus obscurus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Gmelin, Johann Friedrich (1789). Systema naturae per regna tria naturae : secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en latín). 1, Part 2 (13ª ed.). Lipsiae [Leipzig]: Georg. Emanuel. Beer. p. 816.
- ↑ Mayr, Ernst; Paynter, Raymond A. Jr, eds. (1964). Check-List of Birds of the World 10. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 201.
- ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 278, 393. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Latham, John (1783). A General Synopsis of Birds. 2, Part 1. Londres: Printed for Leigh and Sotheby. p. 31, No. 24.
- ↑ Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (xullo de 2023). "Thrushes". IOC World Bird List Version 13.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 15 de agosto de 2023.
- ↑ Jacobs, Megan (5 de novembro de 2007). "Rare bird is sighted in Jerusalem". Jerusalem Post. Consultado o 4 de outubro de 2017.
- ↑ "Eye-browed Thrush – First for Australia, Feb. 9, 2011, Bird-o.com". Arquivado dende o orixinal o 2012-07-08. Consultado o 2011-12-08.
- ↑ Meijer, Hanneke J.M.; Awe Due, Rokus; Sutikna, Thomas; Saptomo, Wahyu; Jatmiko; Wasisto, Sri; Tocheri, Matthew W.; Mayr, Gerald (2017-08-17). "Late Pleistocene songbirds of Liang Bua (Flores, Indonesia); the first fossil passerine fauna described from Wallacea". PeerJ 5: e3676. PMC 5563437. PMID 28828271. doi:10.7717/peerj.3676.
| A Galipedia ten un portal sobre: Aves |
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
