Saltar ao contido

Tordo de Naumann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tordo de Naumann
 Nome taxon
    Turdus naumanni
Coenraad Jacob Temminck 1820 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    T. naumanni (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaTurdidae
XéneroTurdus
EspecieTurdus naumanni Editar o valor en Wikidata
Temminck, 1820 Turdus naumanni Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Tamaño da niñada
   3,9 Editar o valor en Wikidata
Localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/09gb9rl Editar o valor en Wikidata
ITIS179756 Editar o valor en Wikidata
OTT884603 Editar o valor en Wikidata
UICN103892088 Editar o valor en Wikidata
CoL7CYW9 Editar o valor en Wikidata
EOL45511482 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Ovo de Turdus naumanni - MHNT.

O tordo de Naumann[1] (Turdus naumanni) é unha especie de ave da familia Turdidae que se reproduce desde o centro de Siberia cara ao leste ata o norte de Manchuria, Manchuria Exterior e Sakhalin. Está moi emparentado coa especie que se reproduce máis ao norte Turdus eunomus; ambos foron ás veces considerados conespecíficos.

Esta especie reprodúcese en áreas de bosque aberto; o T. eunomus, como se podería esperar por ser máis do norte, é máis tolerante aos hábitats de montaña e de bordo da tundra. Esta especie é fortemente migratoria, pasa o inverno no sur de Asia ata o sueste asiático, principalmente na China, Corea e países veciños. É un vagante raro en Europa occidental.

Nidifica nas árbores, poñendo de 3 a 5 ovos nun niño desordenado pero moi ben forrado. As aves en migración e as que pasan o inverno adoitan formar pequenas bandadas. É omnívoro, comendo unha ampla variedade de insectos, especialmente mosquitos, miñocas de terra e bagas.

É un tordo de medio tamaño, que lembra en estrutura un pequeno tordo real. A parte inferior das ás é marrón avermellada, e ten unha sobrecella clara.

O tordo de Naumann ten un dorso e cabeza marróns claros. A face, peito, manchas dos flancos e sobrecú son avermellados, e a barriga e zona baixo cola son brancos, mentres que no T. eunomus ten un dorso e sobrecú marróns máis escuros, e a face, peito e manchas dos flancos e sobrecú son negros. A barriga e zona baixo a cola son brancas.

A femia é bastante similar ao macho, pero os inmaturos teñen un debuxo menos marcado.

A canción do tordo de Naumann pode ser distinta da canción afrautada ou asubiada simple similar á do tordo rubio ou do T. eunomus.

O nome do xénero procede do latín Turdus, 'tordo', e o seu nome común conmemora ao naturalista alemán Johann Andreas Naumann.[2]

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 266, 393. ISBN 978-1-4081-2501-4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]