Toquelau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Toquelau
Bandeira de Toquelau Escudo de Toquelau
Bandeira Escudo
Himno nacional: Non ten
 
LocationTokelau.png
 
Capital
 • Poboación
n/d
n/d
Linguas oficiais
n/d
Forma de goberno
Dependencia
de Nova Zelandia (dende 1925)
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 242º
10 km²
0,6
0 km
101 km
Poboación
 • Total
 • Densidade

1.449 (2007 est.)
141 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
IDH n/d
Moeda Dólar neozelandés (NZD$, NZD)
Xentilicio Toquelauano
Fuso horario UTC-10
Dominio de Internet .tk
Prefixo telefónico +690
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO 772 / TKL / TK
Tódolos países do mundo

Toquelau é un pequeno territorio da Polinesia, baixo administración da Nova Zelandia, que corresponde ás illas do mesmo nome, tamén coñecidas como Illas da Unión. Os veciños máis próximos son Kiribati ao norte, as Illas Cook, a leste, Samoa e a Samoa Americana, a sur, e Tuvalu, a oeste.

Consta de tres illas -Atafu, Nukunono e Fakaofo-

O arquipélago de Toquelau está formado por tres atois no sur do océano Pacífico (Atafu, Nukunonu e Fakaofo), situadas a 480 km ó N de Samoa Occidental. O clima é cálido. Como non hai estradas nin automóbiles, todo o transporte faise por mar. De acordo co relatorio da ONU, de 1989, Toquelau fai parte das illas que poden desaparecer no século XXI en caso de que non se tomen medidas para conter o efecto estufa, que aumenta o nivel dos océanos.

Cada atol ten o seu propio centro administrativo.

O administrador-xeral escólleo o ministro das Relacións Exteriores da Nova Zelandia. A posesión da terra é exclusividade dos nativos. As principais fontes de renda do arquipélago son a venda de licenzas de pesca, a produción dun tipo especial de atún, o coco e a venda de selos postais.

Historia[editar | editar a fonte]

Os atois, entón chamados de Illas Unión, tórnanse protectorado británico en 1877. A petición dos habitantes, o Reino Unido inclúe o territorio na colonia formada polas illas Gillbert e Ellice, actuais Kiribati e Tuvalu. A administración é transferida para a Nova Zelandia en 1925 e o nome de Illas Toquelau adóptase en 1946. Trinta anos despois, o arquipélago é denominado apenas Toquelau.

En 1987, Toquelau reivindica maior autonomía política, que ven sendo adquirida por medio de medidas económicas, como a institución de impostos para servizos de saúde e educación nos anos 90. Para evitar maiores danos aos cardumes de atun, en 1989 é prohibido o uso de redes de pesca. En 1994 as institucións administrativas e políticas, antes localizadas en illas veciñas, comezan a ser transferidas para o arquipélago. No mesmo ano é adoptado un plano para a gradual autonomía da illa no período de dez anos.

Na década de 1990, introdúcense reformas electorais, e, nas eleccións de 1999, o Xeneral Fono, máis alto corpo consultivo do territorio, ten pola primeira vez os seus delegados electos para un mandato de tres anos.

A pesar dos desexos de maior autonomía, os habitantes das illas temen que a Nova Zelandia inicie un proceso de afastamento de Toquelau. Iso leva o chanceler neozelandés a declarar publicamente en abril de 2000 que o seu goberno non vai impor a independencia ao territorio nin facer ningunha mudanza no seu status político sen antes consultar a poboación.

No comezo de 2001, o presidente da Comisión de Servizos Públicos de Toquelau afirma que a poboación das illas é reticente a abandonar a cidadanía neocelandesa e reitera que os dous lados teñen ata 2010 para tomar unha decisión.

En xullo, a administración dos servizos públicos é formalmente transferida para Toquelau.

Entre 13 e 15 de febreiro de 2006, a poboación de Toquelau rexeitou por referendo controlado pola ONU a independencia, optando por continuar a súa autonomía no marco dunha libre asociación con Nova Zelandia.

Datos xerais[editar | editar a fonte]


Tokelau Islands.png
Países do mundo | Oceanía
Australia | Estados Federados de Micronesia | Fidxi | Illas Salomón | Illas Marshall | Kiribati | Nauru | Nova Zelandia | Papúa Nova Guinea | Samoa Occidental | Timor Leste | Toquelau | Tonga | Tuvalu | Vanuatu
Países con parte do seu territorio en Oceanía

Estados Unidos | Chile | Indonesia

Países semiautónomos e estados libres asociados

Niue | Toquelau