Topeka é a capital do estado de Kansas en Estados Unidos. É a cuarta cidade máis grande do estado de Kansas, por detrás de Wichita, Overland Park e Kansas City. Tamén é a capital do Condado de Shawnee, que é foi chamado así xa que era o territorio que orixinalmente ocupaban os indios shawnee. Segundo o censo do ano 2006, conta cunha poboación de 122.113 habitantes.
O nome Topeka é unha palabra utilizada polos nativos americanos que significa "bo lugar para cultivar patacas". Tres barcos da Armada dos Estados Unidos foron nomeados USS Topeka en honra á cidade. O 1 de marzo de 2010, o Alcalde de Topeka, Bill Bunten emitiu unha proclama pedindo que Topeka fose coñecida durante todo o mes como "Google, Kansas" ou máis concretamente: "Google, Kansas, the capital city of fiber optics" (do inglés: Google, Kansas, a capital da fibra óptica). Isto foi unha estratexia para axudar a "apoiar os esforzos para introducir na cidade o experimento de Google coa fibra óptica", aínda que non foi un troco de nome legal. Avogados asesoraron ao consello de cidade e ao alcalde en contra do troco de nome.