Top 14 2017-2018

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A tempada 2017-2018 do Top 14 foi a 119ª edición da primeira división da liga francesa de rugby, campionato fundado no ano 1892. A fase de liga comezou o 26 de agosto de 2017 e rematou a mediados de maio de 2018 . Esta fase continuouse co playoff, que todos os anos disputan os seis mellores equipos durante a fase regular. A final xogouse o 2 de xuño de 2018 no Stade de France de Saint-Denis, como é habitual.

O defensor do título era o ASM Clermont Auvergne. O vencedor da final resultou ser o Castres Olympique por 5ª ocasión na súa historia.

Equipos[editar | editar a fonte]

Nesta edición da máxima categoría do rugby francés participaron 14 equipos: os 12 mellor posicionados do Top 14 2016-2017 e os 2 ascendidos da segunda división, o SU Agen e o US Oyonnax, que ocuparon as prazas que deixaran baleiras o FC Grenoble e o Aviron Bayonnais ao descenderen no ano anterior.

Equipo Cidade Departamento Estadio Capacidade
FlagNouvelleAquitaine.png Agen Agen Lot e Garona Stade Armandie 14.000
FlagNouvelleAquitaine.png Bordeaux Bègles Bordeos Xironda Stade Chaban-Delmas

Stade Matmut Atlantique

34.700

42.115

FlagNouvelleAquitaine.png Brive Brive-la-Gaillarde Corrèze Stade Amédée-Domenech 14.000
Flag of Languedoc-Roussillon.svg Castres Olympique Castres Tarn Stade Pierre-Fabre 12.500
Flag of the region Auvergne-Rhône-Alpes.svg Clermont Auvergne Clermont-Ferrand Puy-de-Dôme Parc des Sports Marcel Michelin 19.000
FlagNouvelleAquitaine.png La Rochelle La Rochelle Charente Marítimo Stade Marcel-Deflandre 16.000
Flag of the region Auvergne-Rhône-Alpes.svg Lyon Lión Ródano Stade Gerland 25.000
Flag of Languedoc-Roussillon.svg Montpellier Montpellier Hérault Altrad Stadium 15.679
Flag of the region Auvergne-Rhône-Alpes.svg Oyonnax Oyonnax Ain Stade Charles-Mathon 11.400
FlagNouvelleAquitaine.png Pau Pau Pireneos Atlánticos Stade du Hameau 18.000
Flag of Île-de-France.svg Racing Métro 92 Nanterre Hauts-de-Seine Stade Olympique Yves-du-Manoir

U Arena

14.000

30.681

Flag of Île-de-France.svg Stade Français París París Stade Jean-Bouin 20.000
Flag of Provence-Alpes-Cote dAzur.svg Toulon Toulon Var Stade Mayol 18.200
Flag of Languedoc-Roussillon.svg Toulouse Toulouse Alta Garona Stade Ernest-Wallon 19.500

Formato da competición[editar | editar a fonte]

O torneo está composto por 14 equipos, e ten un formato segundo o cal os equipos teñen que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfronte ós outros 13 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante. Cada equipo xoga un total 26 partidos.

O sistema de puntuación é o seguinte:

  • 4 puntos pola vitoria.
  • 2 puntos polo empate.
  • 0 puntos pola derrota.
  • 1 punto por anotar 3 ensaios ou máis que o rival.
  • 1 punto por perder por 5 ou menos puntos.

Liga regular[editar | editar a fonte]

Francia Top 14 — Tempada 2017/18
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC DP BO BD
Montpellier Hérault (F) 81 26 17 0 9 752 559 +193 11 2
Racing 92 (SF) 80 26 18 0 8 622 478 +144 5 3
Stade Toulousain (CF) 74 26 16 1 9 719 595 +124 4 4
RC Toulon (CF) 73 26 14 0 12 766 507 +259 9 8
Lyon OU (SF) 70 26 15 0 11 689 545 +144 7 3
Castres Olympique (C) 69 26 15 0 11 638 624 +14 4 5
Stade Rochelais 67 26 14 1 11 686 531 +155 6 3
Section Paloise 66 26 15 0 11 590 584 +6 2 4
ASM Clermont Auvergne 54 26 11 1 14 629 687 –59 4 4
10º Union Bordeaux Bègles 48 26 10 1 15 557 623 -66 2 4
11º SU Agen 46 26 10 0 16 537 757 -220 2 4
12º Stade Français 42 26 9 0 17 540 740 -200 2 4
13º Oyonnax Rugby 39 26 7 3 16 566 824 -258 1 4
14º CA Brive 36 26 7 1 18 485 736 -241 1 5
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 3 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.

<<<< 2016/17 — Tempadas — 2018/19 >>>>


En verde      os equipos clasificados para as semifinais e para a Copa de Campións Europea de Rugby 2018/19 (1º e 2º).
En azul      os clubs clasificados para os cuartos de final e para a Copa de Campións Europea de Rugby 2018/19 (3º, 4º, 5º e 6º).
En vermello      os clubs que descenden ao Pro D2 (13º e 14º).


Fase final[editar | editar a fonte]

O seis mellores equipos da liga regular acadaron o dereito a loitar polo título nesta fase final. Os dous primeiros equipos da táboa pasaron a semifinais directamente, mentres que os catro seguintes tiveron que disputar unha eliminatoria previa de cuartos de final. Os encontros de cuartos de final xogáronse nos campos do terceiro e cuarto da táboa, mentres que as semifinais e a final tiveron lugar en estadios neutrais. O estadio elixido para as dúas semifinais foi o Parc Olympique Lyonnais de Lión (Auvernia-Ródano-Alpes), e a final disputouse como ven sendo habitual nas últimas décadas, no Stade de France de Saint-Denis.

Cuartos de final Semifinais Final
 18 de maio; Stade Mayol, Toulon    25 de maio; Groupama Stadium, Lión      2 de xuño; Stade de France, Saint-Denis
 [1º] Montpellier HR  40
 [4º] Toulon  19
 [5º] Lyon  14  
 [5º] Lyon (pr.)  19  
 26 de maio; Groupama Stadium, Lión  Montpellier HR  13
 19 de maio; Stade Ernest-Wallon, Toulouse
   Castres Olympique  29
 [3º] Toulouse  11
 [2º] Racing 92  14  
 [6º] Castres Olympique  23  
 [6º] Castres Olympique  19  

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]