Tony Crook

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tony Crook
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Anos en activo 2 (1952 - 1953)
Escudería(s) Frazer Nash, Cooper non oficiais
Grandes Premios disputados 2
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1952
Derradeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1953

Anthony Crook, nado en Manchester o 16 de febreiro de 1920 e finado o 21 de xaneiro de 2014[1], foi un piloto de carreiras de Inglaterra.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educouse no Clifton College de Bristol. Participou en dúas carreiras de Gran Premio nun Fórmula 2 valido para o Campionato Mundial de Pilotos, debutou o 19 de xullo de 1952. Non logrou puntos de campionato. Tamén participou en varias carreiras fóra de campionato.

Crook tivo unha exitosa carreira como piloto de carreiras fóra da Fórmula 2, acumulando case 400 vitorias ou acabados entre 1946 e 1955.[3] A súa carreira terminou despois dun accidente naquela tempada, pero xa planeara retirarse en 1955 de todos os xeitos.[3] Na súa calidade como concesionario de automóbiles en Surrey, Crook especializouse en Bristols e converteuse en copropietario da compañía Bristol en 1960, antes de tomar a plena propiedade en 1973.[3]conservou a propiedade exclusiva de Bristol Cars ata 1997 e a propiedade parcial ata 2002[3] pero permaneceu coa compañía ata 2007, cando se retirou.


Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Pts
1952 T A D Crook Frazer Nash 421 BMW 328 2.0 L6 SUI 500 BEL FRA GBR
21
ALE NED ITA NC 0
1953 T A D Crook Cooper T20 Bristol BS1 2.0 L6 ARX 500 NED BEL FRA GBR
Ret
ALE SUI ITA NC 0
Fonte:[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Notice of Death - Tony Crook". brdc.co.uk. British Racing Drivers Club. febreiro de 2014. Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  2. James Elliott. "RIP racing driver and former owner of Bristol Cars Tony Crook". Classic and Sports Car. Consultado o 2014-02-05. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Taylor, Simon. "Tony Crook: 1920–2014". motorsportmagazine.com. Haymarket. Consultado o 9 de febreiro de 2015. 
  4. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 116. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]