Toni Ulmen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Toni Ulmen
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Alemaña Alemaña
Anos en activo 1952
Escudería(s) Veritas-Meteor privado
Grandes Premios disputados 2
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Suíza de 1952
Derradeiro GP Gran Premio de Alemaña de 1952


Anton "Toni" Ulmen nado en Düsseldorf, Alemaña o 25 de xaneiro de 1906 e finado tamén en Düsseldorf, o 4 de novembro de 1976, foi un corredor de motos e piloto de carreiras alemán. A súa andaina comezou en 1925 nunha Velocette de 250 cc. En 1927 gañou a carreira de abertura de Nürburgring nunha Velocette 350cc. En 1929 gañou na clase de 350 cc en Eilenriede, un circuíto de carreiras non permanente preto de Hannover. De 1949 a 1952, foi catro veces campión alemán de coches deportivos e de Fórmula 2.

Traballador, home de negocios e corredor[editar | editar a fonte]

Logo de saír da escola, Ulmen foi aprendiz de mecánico na Motorradwerkstatt Hasenclever. Cando terminou alí, fundou Gebrüder Ulmen, co seu irmán Andreas.[1] Converténdose nos representantes de Opel para Düsseldorf.

Foi en 1925 que Ulmen comezou a súa andaina nos deportes de motor, no Großen Deutschland-Rundfahrt nunha motocicleta Velocette de 250cc. Dous anos máis tarde montado nunha Velocette de 350 cc gañou o primeiro Eifelrennen, para lograr o Deutsche Tourist-Trophäe, a carreira inaugural disputada en Nürburgring. En 1929, gañou outra importante carreira alemá, a carreira de 350cc de Eilenridederennens en Hanover. En 1930, Ulmen era piloto oficial de NSU.

Logo da guerra[editar | editar a fonte]

Logo da guerra, volveu ás carreiras de coches, logrando un segundo lugar na súa primeira carreira deportiva importante, a Karlsruhe-Durlach, nun BMW 328.[2] Un ano máis tarde, en 1947 foi galardonado co título de mellor piloto de autos deportivos alemáns do ano.

A tempada de 1949 viu a Ulmen gañar nove carreiras, incluíndo a Solituderennen [3] e a DMV Grenzlandringrennen.[4] Gañou carreiras en München, Nürburgring,[5] Sachsenring [6] e Kölner Kurs.[7] Tamén rexistrou sete segundos postos nesa tempada. En 1950 disputouse o primeiro Großer Preis von Deutschland logo da Segunda Guerra Mundial, en Nürburgring, unha carreira de Fórmula 2 onde terminou cuarto no seu Veritas RS. Neste coche, tamén logrou un asombroso terceiro lugar no Preis der Ostechweiz-Erlen [8] En Suíza, vencérono só os pilotos da Scuderia Ferrari Luigi Villoresi e Roberto Vallone. Antes de 1950, había unha prohibición de participación dos coches e pilotos alemáns en carreiras estranxeiras, logo da guerra.[9] Retivo o seu título de campión alemán, gañouno por primeira vez en 1949.[10]

Con vitorias en Hockenheim,[11]]</ref> a subida a Schluinsland,[12] e Grenzlandring,[9] Ulmen foi o claro campión na clase 2-litros Sports Car.[10] Participou en dous Grandes Premios do campionato do mundo de 1952, debotou o 18 de maio de 1952, no Großer Pries der Schweiz,[13] pero retirouse debido a problemas no tanque de combustible. Volveu no Großer Preis von Deutschland, onde malia a súa desventaxa de potencia do Veritas comparado cos seus rivais, terminou oitavo.[14] A tempada tamén viu a Ulmen gañar o DMV Grenalandringrennen outra vez.[15] Durante a tempada, sufriu un forte accidente durante unha sesión de práctica en Sachsenring[10] de onde escapou case ileso. Chegou á carreira final da tempada de 1952, en Avusrennen, como líder na clase de Fórmula 2 de 2 litros de coches deportivos. No AVUS, perdeu unha dramática batalla co piloto de Veritas, Fritz Rieß, na penúltima volta. Isto significou que ambos pilotos empataron en puntos, e de acordo coas regulacións da DMV, Rieß foi declarado campión, xa que clasificara mellor en Eifelrennen. Logo disto soamente competiu de cando en vez en carreiras de coches.[10]

Malia a súa retirada a principios de 1953, Ulmen púxose pronto, aínda que brevemente, detrás dun volante, compartindo un Jaguar D-Type con Herman Roosdorp para quedar no terceiro lugar na súa única carreira de resistencia de 24 horas, as 24 Horas de Spa Francorchamps de 1953.[16]

Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Tempada Series Posición Equipo Coche
1927 Deutsche Tourist-Trophäe Velocette
1946 Karlsruher Dreiecksrennen [17] Toni Ulmen BMW 328
1947 Stadtparkrenne Hamburg [18] Toni Ulmen BMW 328
Rund um Schotten [19] Toni Ulmen BMW 328
1949 Deutsche Meisterschaft [20] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
Maipokalrennen [21] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
Riemer Flugplatzrennen [22] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
Großer Preis von Nürburgring [5] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
DMV Grenzlandringrennen [4] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
Solituderennen [3] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
Kölner Kurs [23] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
Rund um Schotten [24] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
Tübinger Stadtring-Rennen [25] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
1950 Deutsche Meisterschaft [26] Toni Ulmen Veritas-BMW RS Spezial
Sachsenringrennen [27] ADAC Veritas-BMW RS Spezial
Internationales ADAC Eifelrennen [28] Toni Ulmen Veritas-BMW RS Spezial
Preis der Ostschweiz-Erlen [8] Toni Ulmen Veritas-BMW RS Spezial
Maipokalrennen [29] Toni Ulmen Veritas-BMW RS Spezial
1951 Schauinsland Hillclimb [30] Toni Ulmen Veritas-BMW RS Großmutter
Internationales AvD AVUS-Rennen [31] Toni Ulmen Veritas Meteor
DMV Grenzlandringrennen [32] Toni Ulmen Veritas Meteor
Meisterschaft West Deutschlands [33] Toni Ulmen Veritas Meteor
1952 Meisterschaft West Deutschlands [34] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
DMV Grenzlandringrennen [15] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
Internationales ADAC-Eifel-Rennen Nürburgring [35] Toni Ulmen Veritas-BMW RS Großmutter
24 Heures de Spa Francorchamps [36] Herman Roosdorp Jaguar C-Type

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
1952 Toni Ulmen Veritas-Meteor Veritas
6 en liña
SUI
Ret
500 BEL FRA GBR ALE
8
NED ITA NC 0

Resultados completos nas 24 Horas de Spa[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Pos. Clase
Pos.
1953 Bélxica Herman Roosdorp Bélxica Herman Roosdorp Jaguar C-Type S

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Autohaus Ulmen GmbH (18 de febreiro de 2015). "Historie - Autohaus Ulmen - Düsseldorf Ratingen Kevelaer Weilerswist Bilk Benrath NRW". www.ulmen.com. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  2. "Karlsruhe-Durlach [S2.0]". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "Formula 2 1949 - Solituderennen". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  4. 4,0 4,1 "Formula 2 1949 - Grenzlandring". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  5. 5,0 5,1 "Formula 2 1949 - GP der Nürburgring". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  6. "Sachsenring [S2.0]". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  7. "Kölner Kurs [S2.0]". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  8. 8,0 8,1 "Formula 2 1950 - Erlen". formula2.net. Arquivado dende [http: //www.formula2.net/F250_3.htm o orixinal] |url= incorrecto (Axuda) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 10 March 2016. 
  9. 9,0 9,1 {{Cita web | url = http: //grandprixinsider.wordpress.com/2008/01 / Ref>
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 "8W - When? - Forties & fifties German F2, F Libre and sportscar racing". FORIX. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  11. [http: //www.racingsportscars.com/race/Hockenheim-1951-05-14-6020.html "Hockenheim [S2 ."] |url= incorrecto (Axuda). 
  12. "Hillclimb Schauinsland". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  13. "Swiss GP, 1952 Race Report". grandprix.com. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  14. "German GP, 1952 Race Report". grandprix.com. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  15. 15,0 15,1 "Formula 2 1952 - Grenzlandring". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  16. "Toni Ulmen". Historic Racing. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  17. "Voiurette 1946 - Karlsruhe". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  18. "Voiturette 1947 - Hamburg". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  19. "Voiturett 1947 - Rund um Schotten". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  20. "Formula 2 1949 - Championship Tables". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  21. "Formula 2 1949 - Hockenheim, 08.05". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  22. "Formula 2 1949 - Riem". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  23. "Formula 2 1949 - Köln". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  24. "Formula 2 1949 - Schottenring". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  25. "Formula 2 1949 - Tübingen". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  26. "Formula 2 Germany 1950 standings". Driver Database. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  27. "Formula 2 1950 - Sachsenringrennen". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  28. "Formula 2 1950 - Eifelrennen". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  29. "Formula 2 1950 - Hockenheim". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  30. "Hillclimb Schauinsland". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  31. "Formula 2 1951 - Avusrennen". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  32. "Formula 2 1951 - Grenzlandring". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  33. "Formula 2 1951 - Tables". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  34. "Formula 2 1952 - Final Tables". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  35. "Eifelrennen Nürburgring - Sports 2000 cc". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  36. "Spa 24 Hours". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]