Toni Branca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaToni Branca
Biografía
Nacemento15 de setembro de 1916 Editar o valor em Wikidata
Sion, Suíza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte10 de maio de 1985 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Sierre, Suíza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata

Antonio Branca nado en Sion, Suíza o 15 de setembro de 1916, e finado en Sierre, Suíza o 10 de maio de 1985 foi un piloto de carreiras de Suíza, competiu en tres carreiras do campionato do mundo. A súa andaina nas carreiras de motor foi financiada supostamente por unha admiradora Condesa belga, a Vizcondesa de Walkiers.[1][2] Branca competiu nun Maserati 4CLT.

Andaina nas carreiras[editar | editar a fonte]

Branca fixo o seu debut na Fórmula 1 no Gran Premio de Suíza de 1950, acabando o undécimo, e liderou brevemente a carreira de Fórmula 1 fóra de campionato no Circuíto das Nacións en Xenebra nun Simca-Gordini.[3] Anotou unha serie de posicións no top seis noutras carreiras menores, o seu mellor final foi un cuarto posto nunha carreira da fórmula dúas no Aix les Bains Circuit du Lac,[2][4] antes de participar no Gran Premio de Bélxica de 1950 e terminar en 10º lugar. Branca seguiu competindo en 1951, retirándose no Gran Premio de Alemaña de 1951 1 e terminando sexto na carreira fóra de campionato do Gran Premio de Pescara,[3][5] pero terminou de competir en Grandes Premios a finais de ano.[3]

Branca competiu nun nivel máis baixo ata mediados dos anos 50, competindo en subidas de montaña[1] e participou dúas veces na carreira das 24 horas de Le Mans.[2] Correu cun Moretti 750cc, en 1955 o coche non estaba listo e non puido ser levado á liña de saída no momento do inicio, e en 1956 o coche rompeuse antes da súa quenda detrás do volante.


Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
1950 Scuderia Achille Varzi Maserati 4CLT Maserati 4 en liña GBR MON 500 SUI
11
NC 0
Antonio Branca BEL
10
FRA ITA
1951 Antonio Branca Maserati 4CLT/48 Maserati 4 en liña SUI 500 BEL FRA GBR ALE
Ret
ITA ESP
NCG
NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Jenkins, Richard. "Where are they now: Toni Branca". Old Racing Cars. Consultado o 19 de febreiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Toni Branca profile". ESPN F1. ESPN. Consultado o 19 de febreiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Antonio Branca profile". Grandprix.com. Inside F1. Consultado o 19 de febreiro 2012. 
  4. "II Circuit du Lac 1950". Formula2.net. Consultado o 19 de febreiro de 2012. 
  5. "1951 Pescara Circuit - Classification". Chicane F1. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2017. Consultado o 19 February 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]