O meu veciño Totoro[1](となりのトトロ,Tonari no Totoro?) é un filme xaponés de animación de 1988 dirixido e escrito por Hayao Miyazaki. Foi animado polo Studio Ghibli para Tokuma Shoten. O filme, que conta coas voces orixinais en xaponés de Noriko Hidaka, Chika Sakamoto e Hitoshi Takagi, conta a historia das fillas pequenas dun profesor (Satsuki e Mei) e as súas interaccións con amigables espíritos do bosque no Xapón rural da posguerra.
Nos anos 50, unha familia xaponesa trasládase a vivir no campo. As dúas fillas, Satsuki e Mei, topan cun espírito do bosque: Totoro, co que fan amizade. O pai das nenas é un profesor universitario que aviva a imaxinación das súas fillas con fábulas e historias máxicas sobre trasnos, pantasmas e espíritos protectores dos fogares, mentres a nai se atopa enferma no hospital. Un día, Satsuki recibe un telegrama.