Tomorrowland é un festival de música electrónica celebrado anualmente en Boom (Bélxica). Está organizado por ID&T e calcúlase que cada ano acoden a el máis de 400.000 persoas.[1]
A primeira edición do festival celebrouse o 14 de agosto de 2005.[2] Actualmente, Tomorrowland é un dos festivais de música máis importantes do mundo.[3]
O festival ten lugar na cidade de Boom, a 16 quilómetros ao sur de Anveres e a 32 quilómetros ao norte de Bruxelas. A primeira edición celebrouse en 2005 e nela actuaron Armin van Buuren, David Guetta e Coone entre outros.[4] Os escenarios atópanse rodeados dunha decoración que simula un conto de fadas. O festival en si, ofrece unha variedade de subxéneros dentro da música electrónica. Así mesmo, consta dun cámping nos arredores do recinto do festival, chamado DreamVille, para aqueles asistentes que desexen hospedarse o máis preto posible. Ademais, a entrada ao DreamVille inclúe o acceso a The Gathering, unha pre-festa ao festival realizada desde o mediodía do xoves até pasada a media noite e que adoita incluír a participación de DJs incluídos no cartel da fin de semana.
O 18 de febreiro de 2013, os organizadores de Tomorrowland anunciaron que se realizaría un festival derivado chamado "TomorrowWorld" entre o 27 e o 29 de setembro de 2013. O 20 de marzo de 2013 anunciouse en Twitter a localización do festival: Chattahoochee Hills, Xeorxia, Estados Unidos.
Foi anunciado a primeira semana do décimo aniversario de Tomorrowland e as entradas esgotáronse en tan só 10 minutos. A primeira edición levouse a cabo o 1-2-3 de maio de 2015 en Itu, São Paulo(Brasil) con ao redor de 360.000 visitantes. A segunda e última edición realizouse en 2016.
En 2016 Tomorrowland organizou os eventos Unite with Tomorrowland en sete países, como eventos satélites con transmisións do festival en Bélxica, efectos sincronizados e con cabezas de cartel en persoa.[5] A edición de 2017 en Barcelona tivo que ser cancelada debido a un incendio.[6]