Tomonde, Cerdedo Cotobade
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tomonde.
| Tomonde | |
|---|---|
Igrexa de Santa Mariña de Tomonde. | |
| Concello | Cerdedo Cotobade[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°34′45″N 8°24′12″O / 42.57921917, -8.40320933 |
| Poboación | 129[2] hab. (2019) |
| Entidades de poboación | 5[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa Mariña de Tomonde[3] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo Cotobade, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2012 tiña 173 habitantes (95 mulleres e 78 homes) 51 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de Santa Mariña ten planta de cruz latina con ábsida cuadrangular e sancristía acaroada. A portada principal é alintelada, con molduras lisas e torre central con tres corpos. Nos muros consérvanse canzorros románicos.
Nesta parroquia celebrábase a Gaiteirada de Reis. O 5 de xaneiro, a véspera da noite de Reis, dúas máscaras, O Vello e A Vella, simulan ir roubando comida polas cociñas.[4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Santa Mariña de Tomonde.
- Cruceiro de Tomonde.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Tomonde
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Tomonde no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade | |
|---|---|
|
A Barbeira | A Devesa | Fraguas | Tomonde | Vilalén |
Parroquias de Cerdedo Cotobade
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ INE.(2019). Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional. Madrid:Instituto Nacional de Estadística. Recuperado de: www.ine.es.
- ↑ "DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.". Xunta de Galicia. Consultado o 2026-06-15.
- ↑ Taboada Chivite, X. (1972). Etnografía galega. Cultura espritual. Editorial Galaxia. p. 53-54.