Tomonde, Cerdedo-Cotobade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tomonde, Cerdedo»)
Tomonde
Igrexa de Santa María de Tomonde.
ConcelloCerdedo-Cotobade[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°34′45″N 8°24′12″O / 42.57921917, -8.40320933Coordenadas: 42°34′45″N 8°24′12″O / 42.57921917, -8.40320933
Poboación129[2] hab. (2019)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Tomonde é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2012 tiña 173 habitantes (95 mulleres e 78 homes) 51 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santa María ten planta de cruz latina con ábsida cuadrangular e sancristía acaroada. A portada principal é alintelada, con molduras lisas e torre central con tres corpos. Nos muros consérvanse canzorros románicos.

Nesta parroquia celebrábase a Gaiteirada de Reis. O 5 de xaneiro, a véspera da noite de Reis, dúas máscaras, O Vello e A Vella, simulan ir roubando comida polas cociñas.[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Tomonde[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Tomonde no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Barbeira | A Devesa | Fraguas | Tomonde | Vilalén

Parroquias de Cerdedo-Cotobade[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. INE.(2019). Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional. Madrid:Instituto Nacional de Estadística. Recuperado de: www.ine.es.
  3. Taboada Chivite, X. (1972). Etnografía galega. Cultura espritual. Editorial Galaxia. p. 53-54. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]