Tomografía axial computarizada
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
A tomografía axial computarizada (TAC), ou tomografía computarizada (TC), é unha técnica de imaxe médica que é empregada para o diagnóstico. Utiliza raios X para obter cortes ou seccións de obxectos anatómicos con fins diagnósticos. Tomografía vén do grego τομον que significa corte ou sección e de γραφίς que significa imaxe ou gráfico. A posibilidade de obtermos imaxes de cortes tomográficos recontruídas en planos non tranversais fixo que actualmente se prefira chamar a esta técnica TC en lugar de TAC.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
|
|