Saltar ao contido

Tomiko Yamakawa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTomiko Yamakawa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xullo de 1879 Editar o valor en Wikidata
distrito de Onyū, Xapón Editar o valor en Wikidata
Morte15 de abril de 1909 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
distrito de Onyū, Xapón Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza respiratoria Editar o valor en Wikidata
EducaciónBaika Gakuen
Universidade de Mulleres do Xapón Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta de ""tanka"" Editar o valor en Wikidata

Tomiko Yamakawa (en xaponés: Yamakawa Tomiko 山川 登美子), nada o 19 de xullo de 1879 e finada o 15 de abril de 1909, foi unha poeta xaponesa do período Meiji.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tomiko Yamakawa naceu en Takehara, na prefectura de Shiga (actual cidade de Obama, na prefectura de Fukui) o 19 de xullo de 1879.[1] Foi a cuarta filla de Teizo Yamakawa e Ei Yamakawa.[1] A súa familia pertencía a unha antiga liñaxe de samurais de alto rango do dominio de Obama.[1]

En 1895, ingresou na escola misioneira para mulleres Baika gakuen, en Osaka, onde se graduou en 1897.[1] En decembro dese mesmo ano, publicou o seu primeiro tanka.[1]

En abril de 1900, ingresou como investigadora na súa alma máter, especializándose en lingua inglesa. En xuño dese mesmo ano, comezou a colaborar coa revista Myōjō (en xaponés: 明星; lit. "Venus") de Tokyo, fundada por Yosano Tekkan; en agosto, coñeceu a Tekkan e á súa futura esposa, a poeta Yosano Akiko.[1] Malia amar a Tekkan, en abril de 1901 a súa familia obrigouna a casar con Yamakawa Kenshichiro, un membro do seu clan, pero este faleceu ao ano seguinte.[1] En xaneiro de 1903, divorciouse formalmente e regresou á súa localidade natal.

En 1904, matriculouse en Literatura Inglesa na Universidade de Mulleres do Xapón, onde permaneceu até marzo de 1907.[1] En 1905, xunto con Yosano Akiko e Masuda Masako, publicou a escolma poética Koigoromo ("A roupa do amor").[1][2]

O 15 de abril de 1909 finou a causa dunha enfermidade respiratoria, con tan só 29 anos.[1] A súa tumba atópase no templo Hosshinji, na cidade de Obama.[1]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Koigoromo 恋衣 (1905), xunto con Yosano Akiko e Masuda Masako. Hongō shoin.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]