Tom Odell
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1990 (33 anos) Chichester, Reino Unido (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Seaford College (en) British and Irish Modern Music Institute (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantautor , modelo , pianista , cantante |
Período de actividade | 2012 - |
Xénero artístico | Indie pop e folk-pop |
Lingua | Lingua inglesa |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Piano, voz e guitarra |
Selo discográfico | Columbia Records In the Name Of (en) |
Páxina web | tomodell.com |
Tom Peter Odell, nado o 24 de novembro de 1990, é un cantautor británico. Lanzou o seu primeiro EP, ''Songs from Another Love'', en 2012 e gañou o premio da Elección dos Críticos dos BRIT Awards a comezos de 2013. O seu primeiro álbum de estudio , Long Way Down, está dispoñíbel desde o 24 de xuño de 2013.
Nenez
[editar | editar a fonte]Odell naceu en Chichester, West Sussex, fillo dun piloto e unha mestra de escola.[1] Ten unha irmá máis vella.[2] Pasou parte da súa nenez en Nova Zelandia por causa do traballo de seu pai. Estudou no colexio de pago Seaford College, onde coñeceu ao seu amigo e colaborador Ian Miller.[1] Estudou piano clásico até sexto de primaria. Comezou a escribir as súas propias cancións á idade de trece anos, aínda que non llo dixo a ninguén porque cría que non estaba en voga.[1][3]
Con dezaoito anos, Odell decidiu non estudar na University of York[4] e tentou gañar unha praza nun conservatorio de Liverpool.[5] Ao non conseguir o seu propósito, mudouse a Brighton para gañar experiencia no mundo da música ao vivo.[5] Actuaba a diario nas noites de micro aberto: «Era moi humillante: arrastrar un teclado, presentarse para descubrir que non estaba no programa, pandas de rapaces que me collían o micro e rían ... aprendín a actuar e tamén que cancións funcionan.» [1][6] Despois dun ano e tras ser despido do seu traballo como barista, volveu para Chichester.[5] Grazas ao coche de súa avoa puido viaxar con frecuencia a Londres para actuar e pór anuncios nas escolas de música.[6][7] He Posteriormente, mudouse a Londres para tocar na banda Tom and the Tides.[7][8] Porén, decidiu que prefería actuar en solitario porque «non quería ter de confiar na xente».[5]
Carreira musical
[editar | editar a fonte]Odell firmou coa discográfica In the Name Of, un selo de Columbia Records. Foi descuberto pola xefa do selo Lily Allen, que remarcou que «a súa enerxía no escenario lle lembraba a David Bowie».[9] Déronlle un adianto do álbum: "Merquei un Mini Cooper vello en metálico. Tres semanas máis tarde, cando regresaba dun concerto en Escocia, o coche xa non estaba. Se vedes un Mini Cooper clásico verde de carreiras, é de meu».[1] Lanzou o seu primeiro EP, Songs from Another Love, en outubro de 2012.[10] A súa primeira aparición televisiva foi en novembro de 2012 como artista no programa Later... with Jools Holland; o director do programa Alison Howe describiuno como «un debut clásico de Later».[11] Odell entrou na listaxe dos quince nomeados para a sondaxe Sound of 2013 da BBC en xaneiro de 2013. Ese mesmo mes, o seu sinxelo «Another Love» foi empregado pola BBC para promocionar o seu programa de 2013.[12] A súa música ten sido usada en numerosas pasarelas de moda de Burberry.[13] Odell gañou o premio da crítica dos BRITs, que previamente xa fora gañado por artistas como Adele e Florence and The Machine,[14] e tamén foi entrevistado xunto á anterio gañadora Emeli Sande durante a cerimonia en febreiro de 2013. O seu primeiro álbum, Long Way Down, foi lanzado o 24 de xuño de 2013.[15] Será o abreconcertos de The Rolling Stones no festival londiniense Hyde Park o 13 de xullo de 2013.[16]
Influencias
[editar | editar a fonte]Odell «creceu escoitando a Elton John. Un dos primeiros álbums que escoitei foi Goodbye Yellow Brick Road (1973). Tamén nomea a David Bowie, Jeff Buckley, Bob Dylan, Arthur Russell, Leonard Cohen, Leon Russell, Billy Joel, Randy Newman, Tom Waits, Sixto Rodriguez e Bruce Springsteen como as súas influencias.[2][6][17][18][19][20] É fan de Arcade Fire, James Blake, Cat Power, Blur, Beach House, Radioheade Ben Folds.[2][6][19][21][22]
Odell comentou que as súas letras están inspiradas pola súa «incapacidade de permanecer nunha relación con alguén máis de seis mesesd ... Considero que escribo mellores letras cando son honesto e tratan sobre cousas que me aconteceron. Podo semellar un pouco raro cando os amigos ou as mozas descobren que a canción trata sobre eles. Porén, é impresionante da que te podes librar Creo que a chaman licenza poética» [23]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Título | Detalles do álbum | Posición máis alta nas listaxes | |
---|---|---|---|
Reino Unido [24] |
Irlanda [25] | ||
Long Way Down |
|
— | 5 |
Wrong Crowd |
|
||
Jubilee Road |
|
||
Monsters |
|
||
Best Day of My Life |
|
||
Black Friday |
|
EP
[editar | editar a fonte]Título | Detalles do álbum |
---|---|
Songs from Another Love |
|
Sinxelos
[editar | editar a fonte]Ano | Sinxelo | Posición máis alta nas listaxes | Certificados | Álbum | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Reino Unido [24] |
Bélxica (Vl) [26] |
Bélxica (Wa) [27] |
Alemaña [28] |
Irlanda [25] |
Países Baixos [29] |
Suíza [30] | |||||||||||
2013 | "Can't Pretend"[31] | 67 | — | — | — | — | — | — | Long Way Down | ||||||||
"Hold Me"[32] | 44 | — | — | — | — | — | — | ||||||||||
"Another Love" | 10 | 1 | 18 | 30 | 29 | 6 | 35 |
| |||||||||
"—" denota aqueles sinxelos que non chegaron ás listaxes ou non foron lanzados. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 http://www.dailymail.co.uk/home/moslive/article-2279338/Tom-Odell-Women-rock-stars--I-want-like-Adele-The-Brit-Award-winner-poised-superstardom.html
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 29 de xuño de 2013.
- ↑ http://www.thesun.co.uk/sol/homepage/showbiz/sftw/4673489/Tom-Odell-on-songwriting-since-age-of-13.html
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 http://www.guardian.co.uk/music/2013/mar/24/tom-odell-broken-hearts-songs
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 http://www.thesun.co.uk/sol/homepage/showbiz/bizarre/4744775/Tom-Odell-talks-to-The-Sun.html
- ↑ 7,0 7,1 http://www.youtube.com/watch?v=DfhxHfzMqfs
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2013. Consultado o 29 de xuño de 2013.
- ↑ http://uk.omg.yahoo.com/news/lily-allen-gushes-brits-critics-choice-winner-tom-153155372.html
- ↑ 10,0 10,1 "'Songs From Another Love' by Tom Odell". iTunes. Consultado o 2012-12-22.
- ↑ "Later... with Jools Holland - Series 41, Episode 10". BBC. 2012-11-30. Consultado o 2012-12-22.
- ↑ "BBC One – Love 2013". TV Ad Music. 2 January 2013. Consultado o January 2, 2013.
- ↑ http://www.digitalspy.ie/music/news/a460189/tom-odell-performs-at-burberrys-london-fashion-week-show-video.html
- ↑ "Laura Mvula, Tom Odell and AlunaGeorge for BRITs Critics' Choice 2013". Digital Spy. 2012-12-06. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 2012-12-22.
- ↑ 15,0 15,1 "'Long Way Down' by Tom Odell". Amazon.co.uk. Consultado o 2012-12-22.
- ↑ http://www.bbc.co.uk/newsbeat/22275623
- ↑ jmacneil (2013-02-07). "Welcome to ShawConnect – Music Blog – Interview: Rising star Tom Odell". Blogs.shawconnect.ca. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2013. Consultado o 2013-03-29.
- ↑ "Tom Odell named BRITs Critics' Choice Winner". Sky News. 2012-12-20. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2014. Consultado o 2012-12-22.
- ↑ 19,0 19,1 Tan, Emily (2012-10-31). "Introducing: Tom Odell". The Line Of Best Fit. Consultado o 2013-03-29.
- ↑ "Street North East | Interview with Tom Odell ahead of Jake Bugg show, in Newcastle". Streetnortheast.com. 2012-11-30. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 2013-03-29.
- ↑ Olivia Schaff, The Digital Fix (2012-12-20). "Tips 2013: Tom Odell | Feature | Music @ The Digital Fix". Music.thedigitalfix.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2013. Consultado o 2013-03-29.
- ↑ http://www.femalefirst.co.uk/music/interviews/tom-odell-interview-288498.html
- ↑ First Name *. "Get To Know: Tom Odell | Music". Hunger Tv. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2013. Consultado o 2013-03-29.
- ↑ 24,0 24,1 "Tom Odell > UK Charts". officialcharts.com/.
- ↑ 25,0 25,1 Peak positions in Ireland:
- For "Another Love": "Chart Archive > Irish Singles > Week ending: 7 February 2013". (IRMA). Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2013. Consultado o 29 de xuño de 2013.
- For Long Way Down: "Chart Archive > Irish Albums > Week ending: 27 June 2013". (IRMA). Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2013. Consultado o 29 de xuño de 2013.
- ↑ "Discografie Tom Odell". ultratop.be/nl/ Hung Medien.
- ↑ "Discographie Tom Odell". ultratop.be/fr/ Hung Medien.
- ↑ "Discografie Tom Odell". charts.de/ Hung Medien. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2013. Consultado o 29 de xuño de 2013.
- ↑ "Discografie Tom Odell". dutchcharts.nl/ Hung Medien.
- ↑ "Discographie Tom Odell". hitparade.ch/ Hung Medien.
- ↑ "Tom Odell - "Can't Pretend" - Single". iTunes. Consultado o 2013-03-17.
- ↑ "Tom Odell - "Hold Me" - Single". iTunes. Consultado o 2013-03-17.