Saltar ao contido

Tom Newman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTom Newman
Biografía
Nacemento11 de xullo de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Perivale, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica rock Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor, produtor musical, compositor de cancións, guitarrista, músico Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoVirgin Records Editar o valor en Wikidata

Sitio webtom-newman.de Editar o valor en Wikidata
Spotify: 3yrnicAf4oIpp3TmG8zgWS Musicbrainz: 4591edc2-73a2-4361-950d-f8e219e63e16 Discogs: 99601 Allmusic: mn0000933745 Editar o valor en Wikidata

Thomas Dennis Newman , nado en Perivale, Inglaterra o 11 de xullo de 1943, é un produtor, guitarrista, cantante e técnico de son de culto inglés. Thomas Newman participou na fundación do centro de gravacións The Manor Studio, estudo empregado polo selo Virgin Records, e traballou na gravación orixinal de 1973 de Tubular Bells de Mike Oldfield. Como artista publicou unha ducia de álbums en solitario do xénero do beat, rock progresivo e da psicodelia. Segue activo con proxectos que inclúen unha produción en 2020 do álbum clásico de Mike Oldfield por Tubular World (en Tigermoth Records). Tom dirixiu a mestura do álbum, que é a banda sonora que acompaña a From the Manor Born, un documental sobre a creación dos orixinais Tubular Bells e os primeiros tempos do selo Virgin.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Con 17 anos xa formaba parte dun grupo xuvenil de Rock & Roll e R&B, chamado Playboys, para pasar un par de anos máis tarde a un grupo chamado Tomcats, grupo co que chegou a actuar nunha xira internacional dentro do Estado español. Con algúns outros músicos de Tomcats, reformaron a banda co nome de July e gravaron un álbum, homónimo, en 1968, que é considerado un dos discos psicodélicos máis valiosos do Reino Unido. A banda July disolveuse en 1970, e Newman foi contratado por Richard Branson ese mesmo ano para construír estudos de gravación nunha mansión que mercara nos arredores de Oxford, á que bautizaron como The Manor. Alí, nos primeiros tempos coñeceu a un novo e descoñecido Mike Oldfield, que lle agasallou cunhas gravacións feitas na gravadora portátil de Kevin Ayers. Nos momentos que Tom e Mike tiñan libres, gravaban en cinta longas sesións de gravación. O traballo finalmente resultou no álbum de fama global Tubular Bells. Aínda que o traballo de Tom Newman, e o seu asistente, Simon Heyworth, foi o de técnicos de son, Oldfield, en agradecemento, incluíunos como coprodutores do seu primeiro álbum.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Fine Old Tom (1975) – Publicouse en 1975 por parte do selo Voiceprint, as súas cancións son un collage de estilos con influencias "beat", blues e folk. O disco ábrese cunha canción de estilo pop chamada "Sad sing", cunha melodía e unha letra sinxelas, pero cunha música con complexas técnicas de guitarra, continúa, entre outros, cun particular reggae, titulado "Superman", e máis tarde, "Suzie", unha canción comparada ao estilo de Link Wray e, por último, neste exemplar en CD incluíronse algunhas "demos" das cancións. O disco valorase como rexistro documental do xeito de gravar dos artistas en The Manor.[2]
  • Live at the Argonaut (1975) – Estreada por Virgin pero aínda gravada por Voiceprint.
  • Faerie Symphony (1977)
  • Bayou Moon (1986)
  • Aspects (1986)
  • Ozymandias (1988)
  • Hotel Splendide [Live] (1997)
  • Snow Blind (1997)
  • Faerie Symphony and Other Stories (1999)
  • Tall Scary Things (1999)
  • The Hound Of Ulster (1999)
  • "The Calling" (2015)
  1. "Engineer/Producer Tom Newman: From Virgin Records to Tubular World and Beyond". bandcamp.com. Consultado o 29-11-2024. .
  2. "Tom Newman - Fine Old Tom (1975 UK)". Las Galletas de Maria. Consultado o 29-11-2024. .

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]