Tom Brokaw

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tom Brokaw
Tom Brokaw by David Shankbone.jpg
Nacemento6 de febreiro de 1940
 Webster
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Iowa e Universidade da Dakota do Sul
Ocupaciónxornalista, presentador de novas e escritor
PremiosFour Freedoms Award - Freedom of Speech, Freedom Award, The Nichols-Chancellor's Medal, Lexión de Honra, Medalla Presidencial da Liberdade, Horatio Alger Award, White House Fellows e Edward R. Murrow Award
editar datos en Wikidata ]

Thomas John Brokaw (|ˈbroʊkɔː|), nado en Webster (Dacota do Sur) o 6 de febreiro de 1940[1] é un xornalista televisivo e escritor estadounidense. Foi o presentador e editor xefe de NBC Nightly News durante 22 anos (1982–2004).[2] É a única persoa que presentou os tres programas principais de NBC News: The Today Show, NBC Nightly News, e, brevemente, Meet the Press. Continúa a traballar como correspondente especial para NBC News e tamén en documentais.[3]

Xunto cos seus competidores Peter Jennings de ABC News e Dan Rather de CBS News, Brokaw foi un dos "Big Three" ("tres grandes") presentadores dos Estados Unidos durante as décadas de 1980, 1990 e principios de 2000. Os tres presentaron os seus programas bandeira de novas durante máis de vinte anos, e os tres comezaron e retiráronse (ou no caso de Jenning, morreu) cun ano de diferenza.[4]

Brokaw tamén escribiu tamén escribiu varios libro sobre historia e sociedade dos Estados Unidos no século XX. É o autor de The Greatest Generation (1998) e outras obras que recibiron numerosos premios.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Dende 1962, Brokaw está casado coa escritora Lynn Auld.[5] Teñen tres fillas, Jennifer, Andrea e Sarah.[6] Brokaw e a súa esposa pasan moito tempo no seu rancho próximo a Livingston, Montana, que compraron en 1989.[7][8]

O 6 de setembro de 2012, Brokaw foi hospitalizado tras aparecer no programa de MSNBC Morning Joe. Posteriormente chiou que estaba "todo ben" e explicou a súa doenza por tomar accidentalmente media dose de Ambien pola mañá.[9] Foi diagnosticado con mieloma múltiple en agosto de 2013 na Clínica Mayo.[10] Brokaw e os seus médicos están "moi animados co seu progreso".[11] Continuou a traballar para a NBC durante os seus tratamentos. O 21 de decembro de 2014, Brokaw anunciou que o seu cancro remitira completamente.[12][13][14]

En 2018, Brokaw foi acusado de insinuacións sexuais non desexadas por tres mulleres, unha en 1968 e dúas na década de 1990.[15][16][17] Brokaw negou as acusacións.[18][19] En resposta ás acusacións, as súas antigas colegas Rachel Maddow, Andrea Mitchell, Maria Shriver, Kelly O'Donnell e outras 64, asinaron unha carta en que describían a Brokaw como "un home de tremenda decencia e integridade".[20][21]

Carreira[editar | editar a fonte]

  • 1960–1962: Presentador das novas, do tempo e de anuncios de KTIV-TV
  • 1962–1965: Reporteiro de KMTV-TV
  • 1965: Presentador das novas da noite de WSB-TV[22]
  • Dende 1966: NBC News
    • 1966–1972: Correspondente de NBC News West Coast e presentador de KNBC[22]
    • 1973–1976: Correspondente na Casa Branca e presentador dos sábados de NBC Nightly News[22]
    • 1976–1981: Presentador de Today Show[22]
    • 1982–1983: Copresentador de NBC Nightly News[22]
    • 1983–2004: Presentador de NBC Nightly News[22]
    • Dende 2004: Correspondente especial[22]
    • Dende 2004: Presentador contribuínte
    • 2008: Moderador de Meet the Press[22]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tom Brokaw Biography: News Anchor, Journalist (1940–)". Biography.com (A&E Networks). Consultado o 25 de xuño de 2013. 
  2. Brokaw, Tom. "Tom Brokaw Reflects On Cancer, 'Nightly News' And His 'Lucky Life'". NPR.org. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  3. "John Glenn College of Public Affairs | Tom Brokaw". glenn.osu.edu. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2016. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  4. "Anchors could bring new era of network stability". NY Daily News. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  5. Jackson, Dory (27 de abril de 2018). "Who is Tom Brokaw's wife, Meredith Auld? News anchor accused of sexual misconduct". Newsweek. Consultado o 27 de abril de 2018. 
  6. Brokaw, Tom (2003). A Long Way from Home: Growing Up in the American Heartland in the Forties and Fifties. Random House Trade Paperbacks. p. Acknowledgements, x. ISBN 978-0375759352. 
  7. O'Keefe, Eric (1 de maio de 2007). "Tom Brokaw: The Land Report Interview". The Land Report. Consultado o 21 de agosto de 2017. 
  8. Ronnow, Karin (17 de setembro de 2006). "'Big Sky Cooking'". Montana Standard. Consultado o 7 de agosto de 2011. 
  9. "UPDATE: Tom Brokaw Says He's Fine After Hospital Run". Deadline. 6 de setembro de 2012. Consultado o 6 de setembro de 2012. 
  10. "Tom Brokaw Diagnosed With Cancer, Prognosis Encouraging". NBC News. 
  11. Byers, Dylan (11 de febreiro de 2014). "NBC's Tom Brokaw diagnosed with cancer". Politico. Consultado o 12 de febreiro de 2014. 
  12. "Tom Brokaw: NBC Nightly News Anchorman's Multiple Myeloma Cancer Is In Remission". The Inquisitr News. 
  13. Duke, Alan (11 de febreiro de 2014). "Tom Brokaw reveals cancer diagnosis; doctors are 'optimistic'". CNN. Consultado o 12 de febreiro de 2014. 
  14. Winograd, David (11 de febreiro de 2014). "Tom Brokaw Reveals He Has Cancer". Time. Consultado o 12 de febreiro de 2014. 
  15. "Two women allege Tom Brokaw acted inappropriately towards them in the 90s". The Hill. 26 de abril de 2018. Consultado o 26 de abril de 2018. 
  16. "NBC News' Tom Brokaw allegedly made several unwanted sexual advances towards women including another anchor". Fox News. 26 de abril de 2018. Consultado o 26 de abril de 2018. 
  17. Reinholz, Mary (1 de maio de 2018). "Tom Brokaw hit on #MeToo when I was a young reporter". The Villager. 
  18. Setoodeh, Elizabeth Wagmeister, Ramin (27 de abril de 2018). "Tom Brokaw Accused of Sexual Harassment By Former NBC Anchor (EXCLUSIVE VIDEO)". Variety (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2018. 
  19. "Tom Brokaw Rips "Sensational" Accuser Claims: I Was "Ambushed and Then Perp Walked"". The Hollywood Reporter. Consultado o 3 de maio de 2018. I am facing a long list of grievances from a former colleague who left NBC News angry that she had failed in her pursuit of stardom. She has unleashed a torrent of unsubstantiated criticism and attacks on me. 
  20. Orixinal en inglés: "a man of tremendous decency and integrity"
  21. "Rachel Maddow, Andrea Mitchell Back Tom Brokaw in Letter Signed by 64 Insiders". The Hollywood Reporter. 27 de abril de 2018. Consultado o 28 de abril de 2018. 
  22. 22,0 22,1 22,2 22,3 22,4 22,5 22,6 22,7 "Tom Brokaw - Nightly News with Brian Williams". Msnbc.msn.com. 27 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2004. Consultado o 4 de novembro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]