Tomé de Villanueva
Tomé de Villanueva | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 1488 |
Lugar de nacemento | Villanueva de los Infantes |
Falecemento | 8 de setembro de 1555 |
Lugar de falecemento | Valencia |
Nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Universidade de Alcalá |
Ocupación | filósofo, sacerdote católico e teólogo |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Tomé de Villanueva, nado en Fuenllana (actual Cidade Real), en 1488 e finado en Valencia o 9 de setembro de 1555, foi un relixioso católico español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Da súa mocidade cóntanse excentricidades como quedar en varias ocasións espido por terlle entregado todo aos pobres. Fixo estudos de Artes e Teoloxía na Universidade de Alcalá de Henares e ingresou na orde dos agostiños en 1516. En 1518 foi ordenado sacerdote. Dedicou a súa vida á atención, coidado e promoción dos marxinados, doentes e orfos. Carlos V ofreceulle o arcebispado de Granada que el rexeitou. Por obediencia ao superior da súa congregación aceptou o arcebispado de Valencia, dende onde organizou un plan de asistencia e auxilio social. Faleceu dunha anxina de peito aos sesenta e seis anos.
Inimigo da festa dos touros[editar | editar a fonte]
Predicou contra a festa dos touros que consideraba un espectáculo duro e cruelísimo, e denunciaba en nome de Xesucristo aos que consentían ou non prohibían as corridas. Consideraba a estas un pecado mortal e calificaba de homicidas aos que apoiaban expresa ou tacitamente a festa
Significación[editar | editar a fonte]
Foi canonizado por Alexandre VII en 1658. É patrón da Universidade de Cidade Real, da Universidade Villanova en Pensilvania. No calendario do catolicismo a súa festa celébrase o 10 de outubro. Francisco de Quevedo escribiu unha biografía súa: Epítome a la historia de la vida ejemplar y gloriosa muerte del bienaventurado frai Tomás de Villanueva
Obras[editar | editar a fonte]
- De la lección, meditación, oración y contemplación
- Comentario al Cantar de los Cantares
- Sermón del Amor de Dios