Tomás Gómez Franco
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de marzo de 1968 Enschede, Países Baixos |
| 29 de xuño de 2011 – 27 de novembro de 2013 Nomeado por: Asemblea de Madrid | |
| 8 de xuño de 2011 – 13 de febreiro de 2015 | |
| 27 de xullo de 2007 – 11 de febreiro de 2015 ← Rafael Simancas – Sara Hernández Barroso → | |
| 4 de xullo de 1999 – 23 de outubro de 2008 ← José Manuel Ibáñez – José María Fraile → | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade Complutense de Madrid - licenciatura en Ciencias Económicas |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, economista |
| Partido político | Partido Socialista Obreiro Español (1988–) |
| Sitio web | tomasgomez.org |
Tomás Gómez Franco, nado en Enschede (Países Baixos) o 27 de marzo de 1968, é un político socialista español. Foi alcalde da cidade madrileña de Parla, a sétima cidade en poboación da área metropolitana de Madrid, entre 1999 e 2008. Dende 2007 até 2015 foi secretario xeral do Partido Socialista de Madrid. É licenciado en Ciencias Económicas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cando mozo, militou nas Xuventudes Socialistas, e máis tarde, en 1988 comezou a traballar para o PSOE como técnico de desenvolvemento local para o concello de Parla. Na agrupación desa localidade desempeñou cargos diversos até a consecución da alcaldía a partir das elecciónes municipais de xuño de 1999.
Cargos desempeñados en política
[editar | editar a fonte]- Alcalde de Parla (1999-2008).
- Secretario xeral do PSM-PSOE (2007-2015).
- Deputado da Asemblea de Madrid (2011-2015).
- Voceiro do grupo socialista na Asemblea de Madrid (2011-2015).
- Senador designado pola Asemblea de Madrid (2011-2013).
Retirada da política
[editar | editar a fonte]Tras a súa saída da dirección do PSM-PSOE, Gómez retomou o seu labor como docente e economista.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Nicolás Salmerón de Dereitos Humanos, na súa categoría individual, outorgado no Ateneo de Madrid no ano 2010.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tomás Gómez vuelve a clase, diario ABC, 20 de febreiro de 2015 (en castelán)
- ↑ Listaxe Arquivado 08 de decembro de 2013 en Wayback Machine. de premiados, premiossalmerón.com (en castelán).