Saltar ao contido

Tomás A. Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTomás A. Alonso
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1835 Editar o valor en Wikidata
Coia, España Editar o valor en Wikidata
Morte1906 Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario, filántropo Editar o valor en Wikidata

Tomás Antonio Alonso Martínez, máis coñecido como Tomás Alonso, nado en Coia (Vigo) o 19 de novembro de 1835 e finado en Buenos Aires en 1906, foi un empresario, benfeitor e filántropo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Igual que aconteceu con outros benfeitores afincados na cidade, coma Manuel Núñez, María Berdiales ou Ramón Nieto, Alonso foi un dos moitos emigrantes que marcharon a América e xeraron unha fortuna considerábel, o cal lle permitiu volver a Galicia e desenvolver actividades propias das grandes fortunas de por aquel entón, como as actividades empresariais e de banca ou a promoción inmobiliaria, así como a filantropía. Tomás Alonso emigrou, como moitos outros galegos na súa mocidade, desde o porto de Vigo cara a América. De familia traballadora, Alonso residiu varios anos no Uruguai, onde foi quen de acadar unha gran fortuna.

Após de varios anos no Uruguai, Alonso regresou a Vigo, onde se converteu nun dos principais benfeitores do século XIX. Financiou, entre outros proxectos, a fundación de tres escolas en Coia, Castrelos e Bouzas.[1] Finou en Buenos Aires en 1906.[2][3]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Foi nomeado fillo predilecto de Vigo o 6 de decembro de 1906 e ten, en agradecemento pola súa xenerosidade coa cidade, unha rúa co seu nome.

  1. Antomil Pérez, Daniel. Odonimia de la provincia de Pontevedra. Vigo (PDF). Vigo360. 
  2. El Regional, 14-12-1906, p. 2.
  3. Galicia, 1-1-1907, p. 12.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]