Tokusatsu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Preparando a filmación de Godzilla (1954)

Tokusatsu (特撮) é a palabra xaponesa para denominar os efectos especiais e que fóra do Xapón identifica os filmes e series xaponesas que fan un considerable uso dos efectos especiais como filmes ou series de imaxe real tales como os de superheroes, como son as series de Metal Hero; kaijus como Godzilla; as de mecha, como Giant Robot ou aquelas producións que combinan dous ou máis destes xéneros, como Ultraman ou Super Sentai. En xeral abrangue temas que teñen que ver coa ficción científica, fantasía e terror. Constitúe unha das formas de entretemento máis populares do Xapón, pero fóra de Asia apenas teñen éxito uns poucos filmes e series, aínda que si conta cun importante número de afeccionados en todo o mundo.

Etimoloxía e orixe[editar | editar a fonte]

A orixe da palabra é unha contracción da expresión tokushu satsuei (特殊撮影), literalmente fotografía especial, aínda que a palabra é recente a orixe do tokusatsu hai que buscala no kabuki coas súas escenas de acción e loita e no bunraku, coa súa utilización dos monicreques