Todiramphus chloris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Todiramphus chloris

Todiramphus chloris humii
Laem Phak Bia, Phetchaburi, Tailandia.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Coraciiformes
Familia: Alcedinidae
Subfamilia: Halcyoninae
Xénero: Todiramphus
Especie: T. chloris
Nome binomial
Todiramphus chloris
(Boddaert, 1783)
Sinonimia
  • Halcyon chloris
  • Todirhamphus chloris

Todiramphus chloris é un paxaro da familia dos Alcedinidae e á subfamilia Halcyoninae. Ten un amplo rango de distribución que abrangue dende o Mar Vermello até o sur de Asia e a Polinesia. É unha especie moi variable e conta cunhas 50 subespecies.

Descrición[editar | editar a fonte]

Femia en Fidxi.

Mide de 22 a 29 cm de longo e pesa entre 51 e 90 gramos. A coloración da plumaxe das súas partes superiores varía do azul ó verde, mentres que a das súas partes inferiores varía entre o branco e o alaranxado. Ten unha franxa branca arredor do pescozo. Algunhas subespecies teñen unha lista superciliar branca ou crema e outras teñen unha mancha entre o peteiro e os ollos. Adoitan ter unha lista negra que atravesa os ollos. O seu gran peteiro é negro coa base da mandíbula inferior amarelada.

As femias adoitan ser máis verdellas que os machos. Os xuvenís teñen cores máis apagadas que os adultos e adoitan presentar escamado escuro no pescozo e o peito.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Andersen, M.J.; Shult, H.T.; Cibois, A.; Thibault, J.C.; Filardi, C.E.; Moyle, R.G. (2015). "Rapid diversification and secondary sympatry in Australo-Pacific kingfishers (Aves: Alcedinidae: Todiramphus)". Royal Society Open Science 2 (140375). doi:10.1098/rsos.140375.