Toad the Wet Sprocket

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Toad the Wet Sprocket é unha banda de rock alternativo formada en Santa Bárbara (California) en 1986. A banda compóñena o vocalista e guitarrista Glen Phillips, o guitarrista Todd Nichols, o baixista Dean Dinning e o batería Randy Guss.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A banda formouse en 1986 no San Marcos High School en Santa Bárbara,  Glen Phillips tiña entón 16 anos e os outros membros tiñan 19 e 20 anos.

O nome da banda procede dun sketch do actor Eric Idle para o programa de televisión Rutland Weekend Television que se emitiu en 1975 e no que daba o nome de "Toad the Wet Sprocket" a unha banda de ficción.

A súa primeira aparición foi en setembro de 1986, nun concurso de talentos, que non gañou. O primeiro álbum saíu en 1989, Bread & Circus co selo de Columbia Records, do que saíron os sinxelos "Way Away" e "One Little Girl".

O segundo álbum de estudio editouse en 1990Pale, xa cunha sonoridade máis madura e do que saíron os sinxelos "Jam" e "Come Back Down", o álbum non tivo éxito ningún, mais os sinxelos tiveron algunha recepción nas emisoras de radio.

En 1991, a banda editou o seu terceiro álbum, Fear, cos sinxelos  "All I Want" e "Walk on the Ocean". Foi o seu primeiro éxito, a RIAA certificou  seu primeiro platino.

En 1992 o filme Buffy the Vampire Slayer incluiu a súa canción "Little Heaven" na súa banda sonora

En 1993, o filme So I Married an Axe Murderer  protagonizado por Mike Myers incluíu na súa banda sonora a canción "Brother" que apareceu tamén na compilación In Light Syrup e no álbum en directo, Welcome Home: Live at the Arlington Theatre, Santa Barbara 1992.

En 1994, a banda lanzou Dulcinea, do que saíron os sinxelos  "Fall Down," e "Something's Always Wrong". A RIAA certificouno ouro e despois platino. Ao ano seguinte editouse unha compilación de caras b e temas raros, In Light Syrup, incluía os sinxelos "Good Intentions," que apareceu na banda sonora da serie de televisión Friends, así como "Brother." En 2001 o disco certificouse ouro.

En 1997 a banda editou Coil,  cunha sonoridade más rock e eléctrica. Os sinxelos foron "Come Down", "Crazy Life" e "Whatever I Fear."

Logo do lanzamento deste disco, a banda separouse en 1998, realizando con todo algunhas actuacións en 1999. Nos anos seguintes realizaron algúns conecertos máis, incluíndo unha xira polos Estados Unidos no verán de 2006 e no ano 2009 volvéronse a conformar como unha banda activa, lanzando un novo álbum en 2013, New Constellation.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Compilacións[editar | editar a fonte]

  • 1995 - In Light Syrup
  • 1999 - P.S. (A Toad Retrospective)