Tjóðveldi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tjóðveldi (República), chamado até 2007 Tjóðveldisflokkurin (Partido Republicano), é un partido político de centro esquerda das Illas Feroe partidario da independencia das Illas. Foi fundado en 1948 como reacción ó feito de que non se proclamara a independencia tralo referendo celebrado en 1946 no que esta opción venceu por unha estreita marxe. En 1998 Høgni Hoydal sucedeu a Heini O. Heinesen como xefe do partido.

Nas eleccións do 20 de xaneiro de 2004, o partido obtivo o 21.7% dos votos e oito dos 32 escanos.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]