Tiuya
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Asturias | |||
| Provincia | provincia de Asturias | |||
| Concello | Langreu | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 1.003 (2024) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 9,59 km² | |||
| Altitude | 301 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
| Código INE | 33031070000 | |||
Tiuya (en castelán: Tuilla, en asturiano: Tiuya e oficialmente Tiuya/Tuilla) é unha parroquia do concello de Langreu, no Principado de Asturias, e un lugar de devandita parroquia.
A parroquia ten unha extensión de 9,62 km² e unha poboación de 1.429 habitantes (2010). Está situada no extremo nordés do concello, limitando coa parroquia de La Felguera, e cos concellos de Siero e San Martín del Rey Aurelio.
Tiuya non foi parroquia ata a súa segregación de La Felguera no século XIX. É unha zona de profunda tradición mineira que se sitúa na zona do val do río Candín, o cal dá nome ao campo de fútbol do CD Tuilla, equipo que milita en Terceira División.
O lugar de Tiuya atópase a unha altitude de 260 m e atópase a escasa distancia de La Felguera. Tiña unha poboación de 839 habitantes no ano 2009. Celebra anualmente as súas festas en honra á Virxe do Amparo no mes de agosto. Outras das poboacións importantes da parroquia son La Braña ou El Fondaque.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi un lugar moi próspero co auxe do carbón, chegando a ter uns 5.000 habitantes, e con iso comercios, dous cines, bares, escolas etc. e decaíu coa reestruturación da industria hullera nos anos 1980.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]A senda do Trole ou a Senda da Braña son algúns dos itinerarios naturais que rodean a parroquia, ademais de vellos vestixios mineiros, entre eles o Pozo El Terrerón, o Pozo Mosquitera, túneles de trens mineiros, ou explotacións ao descuberto que formaron lagos e áreas recreativas etc.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Tiuya pode significar terra de hulla ou ser, pola contra, un antropónimo feminino de orixe centroeuropeo ou masculino xermánico (Tiuya Teodilda ou Teudivigia).
Comunicacións
[editar | editar a fonte]As súas liñas de comunicación son a AS-323 e a liña Xixón-Laviana de FEVE, antigo Ferrocarril de Langreu, un dos primeiros construídos en España. Ademais, un autobús da empresa Coalla desprázase regularmente ata La Felguera.
| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |

