Tito Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Non se debe confundir con Mariano Tito Vázquez (1870-1952), pintor.
Tito Vázquez
Nacemento1 de xaneiro de 1949
 Celanova
NacionalidadeArxentina e España
Ocupacióntenista
editar datos en Wikidata ]

Modesto "Tito" Vázquez, nado o 1 de xaneiro de 1949 en Rabal, en Ourense, é un ex-xogador de tenis arxentino que foi profesional na década de 1970 e que posteriormente exerceu como adestrador de tenis e capitán do Equipo arxentino de Copa Davis en dúas ocasións.

Despois de proclamarse campión arxentino xuvenil en diversas ocasiónns seguiu coa súa formación na Universidade de California (UCLA), conseguindo tres títulos consecutivos da NCAA, e compartiu equipo con Jimmy Connors, entre outros. Formou parte do equipo arxentino de Copa Davis nos anos 1966, 1968 e 1970, e na súa carreira profesional destaca a súa actuación en dobres, modalidade na que conseguiu dous títulos en catro finais disputadas.

Tras finalizar a súa carreira profesional como xogador, converteuse en adestrador do tenista paraguaio Víctor Pecci, co cal chegou á final de Roland Garros en 1979. En 1986 converteuse en capitán do equipo arxentino de Copa Davis, o primeiro tras Vilas e Clerc. Alí conseguiu o ascenso ao Grupo Mundial e fixo debutar, entre outros, a Javier Frana. Antes fora capitán dos equipos de Copa Davis de Paraguai e Venezuela.

Traballou, entre outros cargos, durante sete anos como adestrador para a LTA (Asociación de Tenis do Reino Unido) e como director de desenvolvemento da AAT (Asociación Arxentina de Tenis), cargo que ocupa actualmente. Trala renuncia de Alberto Mancini como capitán arxentino de Copa Davis despois da derrota arxentina a mans de España na final do ano 2008, a AAT elixiuno como capitán por segunda vez e tivo este cargo nos anos 2009, 2010 e 2011, logrando cuartos de final, semifinais e final, perdendo por 3-1 ante España.

Títulos (2; 0+2)[editar | editar a fonte]

Dobres (2)[editar | editar a fonte]

Lenda
Grand Slam (0)
Tennis Masters Cup (0)
ATP Tour (2)
Data Torneo Superficie Parella Contrincantes na final
1. 1974 Flag of the Netherlands.svg Hilversum Terra batida Flag of Argentina.svg Guillermo Vilas Flag of Argentina.svg Lito Álvarez
Flag of Argentina.svg Julián Ganzábal
2. 1976 Flag of Argentina.svg Buenos Aires Terra batida Flag of Brazil.svg Carlos Kirmayr Flag of Argentina.svg Ricardo Cano
Chile Belus Prajoux

Finalista en dobres (2)[editar | editar a fonte]

Data Torneo Superficie Parella Contrincantes na final
1. 1973 Flag of the United States.svg Jackson Dura (i) Chile Jaime Pinto-Bravo Flag of the United States.svg Zan Guerry
Flag of Sudan.svg Frew McMillan
2. 1973 Austria Kitzbuhel Terra batida Flag of Brazil.svg Jose Mandarino Flag of the United States.svg Jim McManus
Flag of Mexico.svg Raúl Ramírez

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]