Saltar ao contido

Tisífone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tisífone
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Obra
 Presente na obra
Biografía
 Sexo
Familia
 Nai
 Pai
Códigos e identificadores
Freebase/m/0khd2 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
Tisífone coas súas irmás. Gravado de Gustave Doré ilustrando o Canto IX da Divina Comedia

Tisífone (grego: Τισιφονη, "vingadora da morte") é unha das tres furias da mitoloxía grega. Segundo Hesíodo, ela mailas súas irmás Mexera e Alecto naceron das pingas do sangue de Urano caído sobre Gaia cando o castrou Cronos. Como o espírito da vinganza era a encargada de castigar e enlouquecer aos culpables de crimes de asasinato: o parricidio, o fratricidio e o homicidio. No libro VI da Eneida descríbese a Tisífone como a gardiá iracunda e cruel cun indumento humectado en sangue diante as portas do tártaro