Tirano Banderas (novela)
| Tirano Banderas | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
|
Forma artística
| |||
|
Lingua
| |||
| Autoría | |||
|
Autor/a
| |||
| Datas | |||
| |||
| Localización | |||
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
| Wikidata | |||
Tirano Banderas é unha novela publicada por Ramón del Valle-Inclán en 1926. É a primeira novela do ciclo esperpéntico que irá seguida da serie "El ruedo ibérico" a partir de 1927. Considérase a obra cume no desenvolvemento novelesco do esperpento. Esta novela foi incluída na lista das 100 mellores novelas en castelán do século XX do xornal español El Mundo.[1]
Argumento
[editar | editar a fonte]Narra a caída do ditador suramericano Santos Banderas, que dirixe a rexión ficticia de Santa Fe de Tierra firme de modo despótico e cruel manténdose no poder grazas ao terror e á opresión. A obra describe o comportamento do tirano e o comezo dun movemento revolucionario que acabará por derrocalo ante a súa torpeza.
Trazos da obra
[editar | editar a fonte]Esta obra aborda literariamente a ditadura no que se coñece como novela do ditador, que ten a súa orixe en Facundo: Civilización y Barbarie, e cultivou entre outros autores Augusto Roa Bastos. O Tirano non xorde dunha realidade recoñecible senón que é unha síntese de trazos de Suramérica. Ante o recurso do esperpento, desfilan os mozos intelectuais, os caciques, os pobres, o ditador etc. Un gran logro da obra é a selección do léxico, cheo de variados americanismos que crean unha atmosfera recoñecible na que desenvolver a temática da obra. É notable a planificación da novela ao modo fragmentario, con capítulos breves que representan escenas pechadas, o que produce unha forte sensación de ritmo interno. A descrición é plenamente deformadora e degradante. É moi valiosa a descrición da sociedade hispanoamericana, froito dun coñecemento próximo da mesma; dado que Valle Inclán realizara unha viaxe a México xa en 1892.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lista completa de las 100 mejores novelas polo xornal El Mundo