Tiraboleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tiraboleiros manexando o botafumeiro

Os tiraboleiros son as persoas encargadas de desprazar o botafumeiro pola Catedral de Santiago de Compostela.

O equipo está integrado por 8 persoas, todas homes, que non se dedican profesionalmente a este labor. Visten cunhas sotanas vermellas. O traballo dos tiraboleiros consiste en transportar o botafumeiro dende o museo da catedral ata o cruceiro do templo, cargalo de carbón e incenso, penduralo da corda e posteriormente poñelo en movemento. Para iso teñen primeiro que empurralo, e logo aproveitar a inercia do botafumeiro para, coa axuda da corda e dun sistema de poleas, irlle dando velocidade e percorrido. Tamén son os tiraboleiros os que deteñen o botafumeiro, chapándoo ao voo.

Historia[editar | editar a fonte]

A orixe da palabra tiraboleiro atopámola no latín turiferarium, ou sexa, o que move o incenso.

Notas[editar | editar a fonte]