Tintín (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Le journal de Tintin (na súa versión francesa), ou Kuifje (na súa versión neerlandesa) foi unha revista belga de banda deseñada de periodicidade semanal que se publicou entre 1946 e 1993. Co subtítulo de "revista para mozos entre 7 e 77 anos", foi unha das publicacións máis importantes na historia da banda deseñada franco-belga. O seu personaxe estrela foi Tintín, a creación de Hergé que daba nome á revista, pero nas súas páxinas apareceron tamén outras series fundamentais da banda deseñada, como Blake e Mortimer, de Edgar P. Jacobs, ou Alix, de Jacques Martin.

Comezos: 1946-1949[editar | editar a fonte]

A revista naceu como resultado do encontro entre Hergé e Raymond Leblanc, e o seu acordo coa editorial Le Lombard. Tras a liberación de Bélxica, en 1944, Hergé, acusado de colaboracionismo cos ocupantes alemáns, estaba imposibilitado de publicar. Con todo, o seu amigo Raymond Leblanc, que estivera na resistencia e contaba con influencias políticas, chamoulle para fundar unha nova revista, que levaría o título do seu coñecido personaxe, Tintín.

No seu primeiro número, que apareceu o 26 de setembro de 1946, a revista, en francés, levaba o título de Tintin. Incluía historietas de Hergé, Edgar P. Jacobs (Blake e Mortimer), Paul Cuvelier (Corentin) e Jacques Laudy (Les Quatre Fils Aymon). A partir do 19 de decembro, a revista aumentou o seu número de páxinas, pasando de 12 a 16. Simultaneamente publicouse a versión neerlandesa da revista, Kuifje, que levaba o nome co que o personaxe de Tintín era coñecido en neerlandés. En 1948 uníronse ao persoal do semanario outros importantes nomes da banda deseñada francobelga: os franceses Jacques Martin (Alix) e Dino Attanasio, e o flamengo Willy Vandersteen (Bob et Bobette).

Desde o 28 de outubro de 1948, Edicións Dargadu empezou a publicar a versión francesa da revista (a orixinal distribuíase unicamente en Bélxica). En Francia, o novo semanario publicou as mesmas series que a revista xeral, pero con algunhas semanas de atraso.

En 1949 uniuse ao equipo de historietistas da publicación Bob de Moor, quen xa publicara en Kuifje, a versión neerlandesa do semanario, e que sería no futuro un dos máis destacados colaboradores de Hergé.

O Tintin-voucher[editar | editar a fonte]

Para manter a fidelidade dos seus lectores, a revista creou unha especide de carné de fidelidade, que se chamaba "Chèque Tintin" en Francia, e "Timbre Tintin" en Bélxica, que se achegaba en cada entrega da publicación. Tratábase de selos que podían intercambiarse por agasallos que non se vendían en tendas, e que fixeron furor entre o público xuvenil. Outras empresas, entre elas moitas de alimentación, asociáronse ao sistema Tintin-voucher... Apareceron desde unha soda ata zapatos coa efixie de Tintín. Ata a SCNFR ofrecía unha viaxe gratuíta de 100 km a cambio de 800 selos Tintín. Entre os agasallos estaban tamén cromos de Tintín, e ata orixinais dos seus creadores.

Os anos 50[editar | editar a fonte]

Na década de 1950 apareceron na revista novos artistas e novas series:

Os anos 60[editar | editar a fonte]