Tino rangatiratanga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Bandeira Tino rangatiratanga.

Tino rangatiratanga é unha palabra maorí que segundo se suxeriu hai pouco significaría "soberanía absoluta".[Cómpre referencia] Tamén é o nome dunha bandeira coa que se identifican algúns maoríes involucrados en protestas. Aparece na versión maorí do Tratado de Waitangi, firmado pola Coroa Inglesa e os xefes Maories (rangatira) en 1840. Converteuse nunha das frases máis polémicas na análise retrospectiva do Tratado, no medio do debate en torno ás obrigacións acordadas por cada un dos máis de 500 signatarios. A frase dispón no discurso histórico e político actual sobre as relacións raciais en Nova Zelandia, e é moi usada polos grupos en defensa dos maoríes. En 1990 deseñouse unha bandeira baseada no tino rangatiratanga, que acaba de aceptarse como unha bandeira nacional para os grupos maoríes ó longo de Nova Zelandia.[Cómpre referencia]