Tina Fey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tina Fey
Tina Fey Muppets Most Wanted Premiere (cropped 2).jpg
Nome completoElizabeth Stamatina Fey
Nacemento18 de maio de 1970
LugarUpper Darby Township
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educada enUniversidade da Virgínia, Upper Darby High School, The Second City e Pennsylvania Governor's School for the Arts
PaiDonald Henry Fey
Cónxuxe(s)Jeff Richmond
FillosPenelope Athena Richmond e Alice Zenobia Richmond
Profesiónguionista, actriz de televisión, actriz de cinema, escritora, produtora, actriz de dobraxe, realizadora, humorista, actriz, improviser, libretista, autobiógrafa, showrunner e produtora de televisión
Na rede
IMDB: nm0275486 Allocine: 97560 Allmovie: p336261 TCM: 525263 TV.com: people/tina-fey IBDB: 515824
Twitter: tintafey Last fm: Tina+Fey Musicbrainz: dc5d653e-01d1-4260-9b4f-8d962b9f872c Songkick: 3893871 Discogs: 3085324 Allmusic: mn0002042753 WikiTree: Fey-78 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Tina Fey en 2014

Elizabeth Stamatina "Tina" Fey, nada o 18 de maio de 1970 en Upper Darby Township, é unha actriz, humorista, guionista e produtora estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras graduarse pola Universidade de Virxinia en 1992, Fey mudouse a Chicago para recibir clases no grupo de teatro da improvisación The Second City, optando pola comedia, recibindo unha invitación para entrar no seu elenco en 1994, tres anos máis tarde traballou como guionista para Saturday Night Live, converténdose en guionista xefe en 1999, e o ano seguinte comezou a saír diante as cámaras, durante ese tempo foi copresentadora do segmento Weekend Update. Despois de deixar o programa creou en 2006 a súa propia serie de televisión 30 Rock, baseada nas súas propias experiencias como guionista do Saturday Night Live, xa que Fey interpreta xustamente a guionista xefe dun programa do mesmo estilo.

En 2004, Fey debutou no cine, como guionista e protagonista da comedia xuvenil Mean Girls. En 2008, participou no filme de comedia Baby Mama, xunto con Amy Poehler. En 2009, Fey gañou un Emmy polo seu retrato satírico de Sarah Palin, candidata polos republicanos a vicepresidente nunha aparición como convidada en Saturday Night Live. En 2010, Fey gañou o Premio Mark Twain e protagonizou Crazy Night.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]