Timocares de Alexandría
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Timocares de Alexandría | |
---|---|
Nacemento | 320 a. C. |
Alexandría | |
Falecemento | 260 a. C. |
Nacionalidade | Período helenístico de Exipto |
Ocupación | astrónomo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Timocares de Alexandría, tamén Timocaris ou Timócaris nado probabelmente en Alexandría contra o 320 a.C. e finado contra o 260 a.C., foi un astrónomo e filósofo grego. Foi contemporáneo de Euclides.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
No século -III, coa axuda de Aristilo, Timocares creou o primeiro catálogo de estrelas do mundo occidental. Uns 150 anos despois, Hiparco de Nicea, ao comparar o seu propio catálogo de estrelas co elaborado por Timocares, descubriu que a lonxitude das estrelas cambia co tempo, pero non porque se movan, senón porque o fai o sistema de referencia (punto Aries), o que o levou a determinar o primeiro valor da precesión dos equinoccios.
O cráter lunar Timócaris leva o seu nome no seu honor.