Time (canción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

"Time" é a cuarta canción do álbum The Dark Side of the Moon, da banda británica Pink Floyd, editado en 1973. Recoñecida pola súa apertura con alarmas de reloxos. É o único tema do disco no que participan como compositores os catro membros da banda. A revista Guitar World situou o só de David Gilmour no número 21 dos 100 mellores sós da historia.

Contexto[editar | editar a fonte]

Este tema está inspirado nas ideas e a experimentación de Roger Waters sobre o tempo, de que a vida non se trata de prepararse para o que vén, senón de tomar control do teu destino.  

"Pasei unha gran parte da miña vida, ata os 28 anos, esperando que a miña vida comenzara. Pensei que en certo punto, me convertería nunha bolboreta, que a miña verdadeira vida podería comezar. Se tivese que vivir de novo esa etapa da miña vida, preferiría vivir o lapso entre os 18 e 28 anos sabendo que sería así, que nada ocorrería repentinamente, que o tempo pasa, que es o que es, e que fas o que fas."

Os reloxos e as alarmas que se escoitan ao principio, foron gravados por separado, por Alan Parsons, dunha tenda de antigüidades preto dos Estudos Abbey Road. Tíñaos gravados para un disco de efectos de son. No estudo transferíronse cada un a unha cinta e aliñáronse para a súa edición final.

A canción finaliza con «Breathe (reprise)», unha recapitulación de «Breathe», con distinta letra.

Seguimento en Echoes - The Best of Pink Floyd[editar | editar a fonte]

A canción comeza co riff repetido de Shine On You Crazy Diamond, Pts. 1-7 que se une co resto do son do estrondo do "avión" de On the Run e a sincronización de reloxos para dar inicio ao son das alarmas e termina coa repetición de Breathe (Respira) para dar cun vento lixeiro que dá inicio á seguinte canción na lista de cancións do disco 2, The Fletcher Memorial Home (disco 2, canción 3).

Momentary Lapse of Reason Tour 1987-1989[editar | editar a fonte]

A canción é tocada entre One of These Days e On the Run, só omitieron Breathe (Reprise) e como proxección de fondo usouse a animación de Ian Emes de 1973. A versión de Delicate Sound of Thunder é do 19 de agosto de 1988 (primeira de 5 noites no Nassau Coliseum) e Venecia o 15 de xullo de 1989.

Créditos[editar | editar a fonte]

Pink Floyd:

  • Roger Waters - Baixo.
  • David Gilmour - Guitarra e voz.
  • Richard Wright - Piano eléctrico Wurlitzer, órgano Farfisa, sintetizador VCS3 e voz.
  • Nick Mason - Batería e Roto-toms.

Outros participantes:

  • Doris Troy, Leslie Duncan, Liza Strike e Barry St. John - Coros.

Outros créditos[editar | editar a fonte]

  • Alan Parsons - Gravación, edición e sincronización de reloxos e alarmas.

Créditos en Delicate Sound of Thunder e Pulse[editar | editar a fonte]

Pink Floyd:

  • David Gilmour - Guitarra, voz.
  • Nick Mason - Batería e Roto-Toms
  • Richard Wright - Teclados, voz.
  • Guy Pratt - Baixo
  • Jon Carin - Teclados, segundas voces.
  • Tim Renwick - Guitarra eléctrica
  • Gary Wallis - Percusión, batería.
  • Rachel Fury, Durga McBroom, Margret Taylor e Lorelei McBroom - Coros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]