Medra até os 20-30 metros de altura e ten de 1 a 1,5 m de circunferencia na base do toro. As súas follas teñen forma de corazón. Cada verán, produce flores miúdas de cor entre amarelo e verde. Estas flores son visitadas frecuentemente polas abellas.
As xemas e as poliñas son de cor vermello - granate. As poliñas son glabras e nas xemas pódense ver só dúas escamas
En Europa hai dúas especies de tileira que se asemellan moito: T. cordata e Tilia platyphyllos. As dúas poden hibridarse e o produto dese cruzamento é a Tilia x vulgaris, árbore que a miúdo se utiliza na xardinaxe. Porén, non é difícil distinguir as dúas especies grazas a estes particulares:
o tamaño das follas: as de T. cordata non miden májs de 8 cm, mentres que as de T. platyphyllos poden acadar os 15 cm, de aí os nomes comúns;
o envés das follas: nas dúas especies hai pelos nas axilas dos nervios, que son de cor arroibada en T. cordata e de cor abrancazada en T. platyphyllos;
o froito: o de T. cordata é miúdo, non mide máis de 8 mm de diámetro e non ten costelas, podéndose crebar coa man sen problemas; o de T. platyphyllos é máis grande, ten 5 costelas moi evidentes e é moi duro;
as xemas: nas de T. cordata pódense ver só dúas escamas, mentres que nas de T. platyphyllos pódense ver tres escamas;
as ramiñas: as de T. cordata son glabras, é dicir non teñen vilosidade, mentres as de T. platyphyllos son pubescentes, ou sexa, aveludadas.
Existen importantes problemas taxonómicos, aínda por arranxar, dentro do xénero - en particular para os chamados híbridos.[2]
↑Nome vulgar en galego xunto a tileiro de folla pequenaen Termos Esenciais de Botánica, Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela, 2002