Tiermes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Estatua en bronce de Apolo procedente de Tiermes

Tiermes é un sitio arqueolóxico situado no concello de Montejo de Tiermes, no suroeste da provincia de Soria entre os límites da meseta superior e o val do Teixo a 1200 metros de altitude. Narciso Sentenach realizou a primeira campaña oficial de escavación en 1910-1911 e Blas Tarracena na década dos 30 comezou as escavacións sistemáticas. Tiermes era un poboado dos arévacos na Celtiberia que se mantivo na época romana e tras a caída do Imperio Romano perdeu importancia e converteuse nunha pequena aldea ata desaparecer no século XIV a xulgar polos restos dos enterramentos da necrópole aínda que se mantivo como parroquia ata o século XVI.

Entre os restos arqueolóxicos de época romana salientan o acueduto, unha mansión denominada Casa do Acueduto con restos de pinturas murais; o Castellum Aquae, coñecido popularmente na zona como El Castro e que tiña a función de distribuír a auga que viña polo acueduto aos diferentes puntos da cidade; o foro, a muralla e a necrópole.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]