Tielman Susato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTielman Susato

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1500 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Soest Editar o valor em Wikidata
Morte1570 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Estocolmo, Suecia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePaíses Baixos dos Habsburgo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , music publisher (en) Traducir , músico Editar o valor em Wikidata
MovementoRenascimento alemão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1335885 Spotify: 0Xha0wKeGIdxE5Z1jnxbUD Musicbrainz: 6c6b0759-9af0-4a62-b1c8-6926432e63d2 Discogs: 908940 IMSLP: Category:Susato,_Tielman Allmusic: mn0001210137 Editar o valor em Wikidata
Tielman Susato ofrécelle un libro de cancións a María de Hungría, gobernadora dos Países Baixos. Extraído de Zingt et six chansons musicales & nouvelles", do prelo de Susato en Antuerpen en 1545.

Tielman Susato (tamén coñecido coa variante Tylman Susato), nado cara ao lustro 1510-1515 en Utrecht (no actual reino dos Países Baixos) e finado despois de 1570, foi un compositor, instrumentista e editor de música dos Países Baixos no período renacentista pertencente á escola francoflamenga, activo na cidade de Antuerpen.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Malia descoñecermos hoxe o seu lugar do seu nacemento, algúns estudosos suxiren que o nome Susato refire á súa orixe na cidade alemá de Soest, en Westfalia. Apenas hai datos da súa infancia: o seu nome comeza a aparecer en varios arquivos de Antuerpen arredor de 1530, onde se menciona traballando como caligrafista e instrumentista de frauta e trompeta.

Obra[editar | editar a fonte]

Desde 1543 ata a súa morte traballou como editor de música, creando a primeira imprenta dos Países Baixos. Ata ese momento, a publicación de música proviña principalmente de Italia, Francia e Alemaña[1]. Moi pronto, Susato asociouse con Pierre Phalèse e Christophe Plantin e, como consecuencia diso, os Países Baixos convertéronse nun centro rexional de publicación de música. Intentou varias veces asociarse con outros editores, sen éxito. En 1561, o seu fillo tomou o control da imprenta, aínda que morreu en 1564.[2]

É posible que Susato mantivese tamén un negocio de instrumentos musicais.

Ademais disto, Susato foi tamén un compositor e compilador de música popular: escribiu e publicou varios libros de pezas populares e motetes que se encadran dentro do estilo polifónico típico da época. Tamén escribiu dous libros de cancións a dúas e tres voces, especificamente pensados para cantantes novos e inexpertos. As máis importantes destas publicacións en termos de distribución e influencia foron os souterliedekens" de Jacob Clemens non Papa, que son salmos métricos en holandés, usando as melodías de cancións populares. Foron enormemente populares en Holanda durante o século XVI.

Tamén foi compositor prolífico de música instrumental, e moitas das pezas son lembradas e interpretadas aínda hoxe. Editou un libro de música para danza en 1551, titulado Het derde musyck boexken... alderhande danserye, formado por arranxos simples pero artísticos. A maioría destes arranxos son formas de danza (allemande, gallarda e son de textura simple ou homofónica), moitos baseados en cancións populares.

Susato dedicou adoito as súas publicacións a cidadáns prominentes de Antuerpen. Algunhas veces dedicou un volume enteiro aos traballos dun compositor, como é o caso de Pierre de Manchicourt e de Crecquillon. Non é sorprendente que pareza favorecer a outros compositores flamengos como suxeito das súas publicacións. Foi tamén un dos primeiros en publicar música dos mellores compositores do Renacemento tardío.

A maioría das publicacións de Susato foron compilacións de obras de compositores activos nos antigos Países Baixose na capela flamenga da corte imperial. Entre as monografías figuran edicións de obras do propio Susato, así como de Thomas Crecquillon, de Orlando di Lasso, de Jacob Clemens non Papa et Josquin des Prés.

Edicións publicadas[editar | editar a fonte]

  • Partitura do Psalmo 87 de Clemens non Papa, na edición de Tielman Susato de 1556.
    Liber primus [secundus, tertius] missarum, a diversis musicis compositionatum..., 1545-1546.
  • Liber primus [secundus, tertius, quartus] sacrarum cantionum, vulgo moteta vocant, ex optimis quibusquis huius aetatis musicis selectarum, 1546-1547.
  • Liber primus [secundus, tertius etc. ... -XV] ecclesiasticarum cantionum quatuor [ou quinque] vocum vulgo moteta vocant, (1553-1560).
  • Jacob Clemens non Papa, Souterliedekens, I-IV : het vierd [-sevenste] musyck boexken mit dry partie, waer inne begrepen syn XLI [-XXIX] psalmen van David... vol. I-IV. 1556-1557.
  • Gerardus Mes, Souterliedekens V-VIII : het achtste [-elfste] musyckboeck met vier partien, 1561. 4 vol.
  • Het I[-II] musyck boexken mit vier partyen daer inne Begrepen... 4 vol. 1551
  • Het derde musyck boexken... alderhande danserye. 4 vol. 1551.
  • Vingt et six chansons chansons musicales & nouvelles à cincq parties, convenables tant à la voix comme aussi propices à jouer de divers instruments nouvellement imprimées.... 4 ou 5 vol. 1543.
  • Le Premier [-Quatorzième] livre des chansons à quatre parties auquel sont contenues trente et une nouvelle chansons, convenables tant à la voix comme aux instruments.... 1543-1560
  • Premier livre des chansons à trois parties auquel sont contenues trente et une nouvelles chansons.... 3 vol. 1554.
  • La Fleur des chansons... livre I[-VI] à quatre parties, contenant XXXI nouvelles chansons, propices à tous instruments musicaulx.... 3 ou 4 vol. 1552.

Composicións musicais[editar | editar a fonte]

Pavana de Tielman Susato
Melodía de Tielman Susato
Danza de Tielman Susato

Misa[editar | editar a fonte]

  • Missa In illo tempore (a cinco voves).

Motetes[editar | editar a fonte]

  • Domine da nobis (a catro voces).
  • Fili quid fecisti (a catro voces).
  • In illo tempore (a cinco voces).
  • Musica domum Dei optime (a seis voces).
  • Nihil homini firmum (a dúas voces).
  • Peccata mea Domine (a cinco voces).
  • Salve quæ roseo decora serto (a cinco voces.

Música espiritual[editar | editar a fonte]

  • Dez souterliedekens (a tres voces)

Cancións[editar | editar a fonte]

  • Premier livre des chansons (31 pezas a dúas e a tres voces; 1544).
  • Tiers livre des chansons (30 pezas a dúas e a tres voces; 1552 ?).
  • Trinta cancións francesas de catro a seis voces (1543-1552).
  • Seis cancións neerlandesas (1551).

Pezas instrumentais[editar | editar a fonte]

  • 13 bases de danda, 15 gallardas, seis pavanas, oito allemandes, nove rondós et e outras oito danzas (en Het derde musyck boexken... alderhande danserye; 1551).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A premeira edición musical polifónica imprimida nos Países Baixos saíu do prelo de Jan de Gheet en Antuerpen en 1515.
  2. No caso da imprenta de Plantin a música era moi marxinal na súa produción: unha quincena de edicións soamente entre 1578 e 1639 en edicións xeneralistas. Fonte: Stellfeld, Jean-Auguste. Bibliographie des éditions musicales plantiniennes, Bruxelas, 1949.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Forney, Kristine. "New Documents on the Life of Tielman Susato, Sixteenth-Century Music Printer and Musician". En Revue belge de musicologie. 36-38 (1982-1984). Páxinas 18-52.
  • Meissner, Ute. Der Antwerpener Notendrucker Tylman Susato. Berlin, 1967. 2 Volumes.
  • Pplk, Keith (ed.). Tielman Susato and the Music of His Time. Print Culture, Compositional Technique and Instrumental Music in the Renaissance. Hillsdale/Nova York, Pendragon Press. 2005. [ISBN 1-576-47106-3]
  • Vanhulst, Henri. "Tielman Susato et Pierre Phalèse face à la censure". "n Miscellanea in memoriam Pierre Cockshaw (1938-2008): aspects de la vie culturelle dans les Pays-Bas méridionaux (XIVe-XVIIIe siècles). Bruxelas, Bibliothèque royale de Belgique. 2009. Páxinas 559-569.
  • Berstein, Lawrence F. "The Cantus-Firmus Chansons of Tylman Susato ". "n Journal of the American Musicological Society 22, 1969. Páxinas 197-240.
  • Cardamone, Donna G. "Multiple Formes and vertical settings in Susato’s first edition of Lassus’s Opus 1". Notes 46, 1989. Páxinas 7-24.
  • Dehnert, Lon Travis. Libri ecclesiasticarum cantionum (1553-1560) of Tielman Susato. Tese de Doutoramento. Universidade de Kansas, 1987.