Thomas van den Belt
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 18 de xuño de 2001 Zwolle | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,81 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Países Baixos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Pai | Gerald van den Belt | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Thomas van den Belt, nado en Zwolle o 18 de xuño de 2001, é un futbolista neerlandés que xoga como centrocampista no Castellón, da Segunda División, cedido polo Feyenoord.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]PEC Zwolle
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol aos cinco anos na canteira do DOS Kampen, pasando en 2012 ás categorías inferiores do PEC Zwolle.[1] Debutou co primeiro equipo na Eredivisie o 26 de setembro de 2020, substituíndo a Yūta Nakayama na segunda metade dun partido ante o Sparta Rotterdam.[2]
Destacou especialmente na tempada 2022/23, na que marcou 16 goles na Eerste Divisie, a pesar de non xogar como dianteiro. As súas excepcionais actuacións valéronlle o premio ao mellor xogador da tempada.[3][4]
Feyenoord
[editar | editar a fonte]O 29 de marzo de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Feyenoord, co que asinou un contrato por catro anos desde o inicio da tempada 2023/24.[5] Debutou co club o 4 de agosto, substituíndo a Marcus Holmgren Pedersen no minuto 83 dunha derrota por 1-0 ante o PSV na Johan Cruyff Shield.[6] O 13 de decembro debutou en competición europea, nunha derrota por 2-1 ante o Celtic na fase de grupos da Liga de Campións.[7]
Cesión ao Castellón
[editar | editar a fonte]O 1 de agosto de 2024 foi cedido ao Castellón, da Segunda división española.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Thomas van den Belt: ,,Het kampioenschap vieren in het Weezenlandenpark, dat is het doel."" (en neerlandés). 12 de maio de 2023. Consultado o 25 de marzo de 2025.
- ↑ "Eerste zege voor PEC Zwolle na volledige inzinking tiental Sparta" (en neerlandés). 26 de setembro de 2020. Consultado o 25 de marzo de 2025.
- ↑ "Bondscoach Koeman prijst Van den Belt bij uitreiking Gouden Schild" (en neerlandés). 24 de maio de 2023. Consultado o 25 de marzo de 2025.
- ↑ "Team van het Jaar: PEC Zwolle hofleverancier; Armenteros rechtsbuiten" (en neerlandés). 14 de xuño de 2023. Consultado o 25 de marzo de 2025.
- ↑ "Eerste zomeraanwinst Feyenoord: Van den Belt komt van PEC Zwolle" (en neerlandés). 29 de marzo de 2023. Consultado o 25 de marzo de 2025.
- ↑ "PSV verslaat Feyenoord in de Kuip: Noa Lang beslist strijd om Johan Cruijff Schaal" (en neerlandés). 4 de agosto de 2023. Consultado o 25 de marzo de 2025.
- ↑ "Celtic 2-1 Feyenoord: Gustaf Lagerbielke delivers first Champions League home win in 10 years". BBC (en inglés). 13 de decembro de 2023. Consultado o 25 de marzo de 2025.
- ↑ "Thomas van den Belt, nuevo jugador del CD Castellón" (en castelán). 1 de agosto de 2024. Consultado o 25 de marzo de 2025.