Saltar ao contido

Thomas Shingles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaThomas Shingles
Biografía
Nacemento3 de abril de 1903.
Inglaterra Birmingham, Inglaterra.
Morte31 de maio de 1984 (81 anos)
Victoria, Columbia Británica, Canadá.
País de nacionalidade Canadense.
EducaciónVictoria School of Art.
Actividade
OcupaciónDeseñador e gravador de moedas.
EmpregadorReal Casa da Moeda do Canadá.
Familia
CónxuxeViolet Louisa Webb. Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Shingles-142

Thomas Shingles, nado en Birmingham, Inglaterra, o 3 de abril de 1903 e finado en Victoria, Columbia Británica, o 31 de maio de 1984, foi un gravador e deseñador de moedas canadense de orixe inglesa.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Thomas Shingles naceu o 3 de abril de 1903 en Birmingham, Inglaterra. Chegou ao Canadá en 1922; alí cursou estudos artísticos na Victoria School of Art e traballou como gravador de cuños en varias empresas.[4]

Shingles comezou a traballar como gravador na Real Casa da Moeda do Canadá en 1939,[4] e exerceu como gravador xefe desa institución desde 1943 ata a súa xubilación en 1965.[5]

No exercicio do seu cargo na ceca real, Shingles foi o responsable do deseño de varias moedas canadenses, entre elas o reverso da de cinco centavos creada en 1943 en conmemoración da vitoria na segunda guerra mundial,[6] a actualización da moeda de 50 centavos en 1959 para incluír o escudo de armas do Canadá;[7] ou os reversos dos dólares de prata conmemorativos da Integración de Terra Nova na Confederación (1959)[8] e do Bicentenario da Columbia Británica en 1971.[9] Nas súas creacións aparecen adoito as súas iniciais, TS, a modo de marca de gravador.[4]

Shingles retirouse da Casa da Moeda en 1965, pero continuou traballando como artista independente.[4]

Thomas Shingles estivo casado con Violet Louisa Webb. O 31 de maio de 1984 finou en Victoria, Columbia Británica, aos 81 anos.[1][2]

  1. 1 2 "Shingles, Thomas". Artists in Canada. Government of Canada (app.pch.gc.ca).
  2. 1 2 "Thomas Shingles (1903 - 1984)". Wikitree.com
  3. "Shingles, Thomas". Biographisches Lexikon der Münzmeister und Stempelschneider und Medailleure von der Renaissance zur Gegenwart (Mintmaster.geschichte.lmu.de).
  4. 1 2 3 4 "Dollar Designers". Coinscan.com
  5. "'V’ for victory | How the Victory Nickel became an enduring symbol of hope". Royal Canadian Mint (Mint.ca).
  6. "5 Cents - George VI Victory". Numista.com
  7. "50 Cents - Elizabeth II 1st portrait". Numista.com
  8. "1 Dollar - George VI Welcome Newfoundland". Numista.com
  9. "1 Dollar - Elizabeth II British Columbia". Numista.com