Thomas Pennant
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2013.) |
(1776) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xuño de 1726 (Xuliano) Downing, Reino Unido (en) |
Morte | 16 de decembro de 1798 (72 anos) Downing, Reino Unido (en) |
Residencia | Downing (en) |
Educación | Oriel College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánico, biólogo, zoólogo, ornitólogo, malacólogo |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Pennant |
Abreviatura do autor en zooloxía | Pennant |
Arquivos en | |
Familia | |
Familia | Pennant family (en) |
Cónxuxe | Anne Mostyn (1778–) |
Fillos | Thomas Pennant, David Pennant |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, 1885–1900 (en) Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
Thomas Pennant, nado o 14 de xuño de 1726 en Whitford (Flintshire) e finado o 16 de decembro de 1798 en Downing Hall, Gales, foi un naturalista e anticuario galés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os Pennants eran unha familia da alta burguesía da parroquia de Whitford que conseguiran un modesto patrimonio durante o século XVI. En 1724, o pai de Thomas, David Pennant, herdou a veciña propiedade de Downing dun primo, o que aumentou notabelmente a fortuna familiar. Downing Hall, onde Thomas naceu, converteuse na residencia permanente dos Pennant.
Pennant asistiu á escola de gramática de Wrexham, antes de estudar no colexio Thomas Croft en Fulham en 1740. En 1744 entrou no Queen's College de Oxford e, posteriormente, pasou ao Oriel College. Como moitos estudantes de familias ricas, deixou Oxford sen conseguir ningún título, aínda que en 1771 o seu traballo como zoólogo foi recoñecido con varios títulos honoríficos.
Á idade de doce anos despertou o seu interese pola natureza grazas ao libro de Francis Willughby Ornithology. Unha excursión por Cornualla en 1746-1747, na que coñeceu ao anticuario e naturalista William Borlase, despertou o seu interese polos minerais e os fósiles, que foron os seus principais temas de estudo durante os anos 50 do século XVIII.
En 1750, o seu relato dun terremoto en Downing incluíuse nas Philosophical Transactions da Royal Society, onde apareceu en 1756 un artigo de Pennant sobre corpos coralinos que recollera en Coalbrookdale, Shropshire. De forma máis práctica, Pennant usou os seus coñecementos de xeoloxía para abrir unha mina que axudou a financiar as melloras realizadas en Downing despois de que o herdara en 1763.
En 1757, a instancias de Carlos Linneo, foi elixido membro da Real Sociedade Sueca de Ciencias.
En 1766 publicou a primeira parte da súa British Zoology, unha obra meritoria desde o punto de vista de que era unha laboriosa recompilación dos descubrimentos doutros. Durante esta etapa visitou a Europa continental e coñeceu a varios científicos de sona, como Georges-Louis Leclerc, Voltaire, Haller e Pallas.
En 1767 foi elixido membro da Royal Society de Londres. En 1771 publicou a súa Synopsis of Quadrupeds e, a finais do mesmo ano, A Tour in Scotland in 1769, que se fixo moi popular, seguida en 1774 doutra narración dunha viaxe a Escocia en dous volumes. Estes traballos serviron para preservar importantes tradicións antigas que de non ser pola súa narración se perderían.
En 1778 publicou unha obra similar, Tour in Wales, seguida por Journey to Snowdon (parte primeira en 1781; parte segunda en 1783), que posteriormente serían o segundo volume de Tour.
En 1782 publicou Journey from Chester to London. Entre 1785 e 1787 publicou Arctic Zoology.
En 1790 apareceu seu Account of London, que se reeditou en varias ocasións e, tres anos máis tarde publicou a súa autobiográfica Literary Life of the late T. Pennant. Nos seus últimos anos dedicouse a unha obra titulada Outlines of the Globe, da cal os primeiros dous volumes apareceron en 1798 e os terceiro e cuarto en 1800, despois da súa morte, editados polo seu fillo David Pennant.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Pennant, úsase para designar a Thomas Pennat como autoridade na descrición e taxonomía na botánica e na zooloxía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Thomas Pennant |