Thomas Graham
Graham in 1856 | |||||||||||
Biografía | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1805. Glasgow, Escocia. | ||||||||||
Morte | 16 de setembro de 1869 (63 anos) Londres, Inglaterra. | ||||||||||
Lugar de sepultura | Catedral de Glasgow. | ||||||||||
Cargos | |||||||||||
Director da Royal Mint | |||||||||||
Período | 1855-1869 | ||||||||||
Antecesor | John Herschel | ||||||||||
Sucesor | Charles William Fremantle | ||||||||||
Datos persoais | |||||||||||
País de nacionalidade | ![]() | ||||||||||
Educación | Universidade de Glasgow. Universidade de Edimburgo. | ||||||||||
Q89547790 | Lei de Graham. | ||||||||||
Actividade | |||||||||||
Campo de traballo | Química, Interface e ciencia coloidal e Difusión ![]() | ||||||||||
Ocupación | Químico, físico, profesor universitario. | ||||||||||
Empregador | Anderson's Institution. University College London. Universidade de Strathclyde. Royal Mint. | ||||||||||
Membro de | Royal Society. Academia das Ciencias de Turín. Academia das Ciencias de San Petersburgo. Academia Real das Ciencias de Prusia. Real Academia das Ciencias de Suecia. Academia das Ciencias de Rusia. Academia Americana das Artes e das Ciencias.Real Sociedade de Edimburgo. Academia Bávara das Ciencias. | ||||||||||
Obra | |||||||||||
Doutorando | John Stenhouse (pt) ![]() ![]() | ||||||||||
Premios | |||||||||||
Medalla Keith (1861). Premio Jecker (1862). Medalla Real (1838, 1850). Medalla Copley (1862). | |||||||||||
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dictionary of National Biography Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Грэм Томас) ![]() | ||||||||||
![]() | |||||||||||
Lista
Lista
|
Thomas Graham, nado en Glasgow (Escocia), o 20 de decembro de 1805 e finado en Londres (Inglaterra), o 16 de setembro de 1869, foi un químico escocés coñecido polo seu labor iniciador na diálise e na difusión dos gases. Está considerado como un dos fundadores da química dos coloides.[1][2]
Graham recibiu o título de Master of the Mint, equivalente ao de director da Casa da Moeda de Londres, cargo que exerceu entre 1855 e 1869.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Thomas Graham naceu en 1805 en Glasgow, cidade na que cursou a súa educación secundaria. O seu pai era un próspero fabricante téxtil e quería que o seu fillo ingresase na Igrexa de Escocia, mais no canto diso desafiou o desexo paterno e ingresou na Universidade de Glasgow en 1819 para estudar a carreira de Química, da que se graduou en 1824.[3]
Logo proseguiu a súa formación estudando Medicina na Universidade de Edimburgo e, concluídos os seus estudos, exerceu brevemente como profesor de Química na Facultade de Medicina da Universidade de Glasgow. En 1828 foi elixido membro da Royal Society de Edimburgo, por proposta de Edward Turner, e foi merecedor da medalla Keith desta sociedade no período 1831-1833.[3]
Carreira posterior
[editar | editar a fonte]En 1830, Thomas Graham foi nomeado primeiro profesor de Química na Anderson's Medical School, da Universidade de Strathclyde, e posteriormente trasladouse á Universidade de Londres para ocupar alí unha cátedra.[4] Nese período fundou alí a Chemical Society en 1841. En 1866 foi elixido membro estranxeiro da Real Academia das Ciencias de Suecia.
O derradeiro cargo de Graham foi o de Master of the Mint, equivalente ao de director da Real Casa da Moeda de Londres, que exerceu desde 1855 ata o seu falecemento. Foi a derradeira persoa nomeada con este título,[5] xa que posteriormente, o posto foi refundido co de ministro de Facenda.[6]
Thomas Graham finou en Gordon Square, Londres, e os seus restos mortais foron trasladados a Glasgow para ser soterrados alí, nunha propiedade familiar na Catedral de Glasgow.[3]
Labor como científico
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Lei de Graham
Thomas Graham é coñecido polos seus estudos sobre o comportamento dos gases, que deron lugar á formulación dúas teorías, ambas coñecidas desde aquel momento como «leis de Graham»: a primeira relativa á difusión dos gases,[7][8][9] e a segunda relativa á efusión dos gases.[10][11]
Graham tamén fixo descubertas fundamentais relacionadas coa diálise, un proceso utilizado na investigación e en contornas industriais, así como na atención sanitaria moderna. O estudo de Graham sobre os coloides deu como resultado a súa capacidade para separar coloides e cristaloides mediante o chamado «dializador», utilizando unha tecnoloxía precursora da das modernas máquinas de diálise renal.[12] Estes estudos foron fundamentais no campo coñecido como "química de coloides", e Graham é considerado un dos seus fundadores.[5]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Graham, T. (1833). "On the Law of Diffusion of Gases". En Philosophical Magazine, 2. Páxinas 175-190, 269-276, 351-358.
- Graham, T. (1833). "Researches on the Arseniates, Phosphates, and Modifications of Phosphoric Acid". En Philosophical Transactions. 123. Páxinas 253-284.
Honras e recoñecementos
[editar | editar a fonte]
- Membro honorario da Royal Society de Edimburgo (1828), e receptor da medalla Keith desta sociedade (1831-1833).
- Membro da Royal Society (1836), e receptor da Medalla Real desta sociedade (1837 e 1863).
- Primeiro presidente da Sociedade Química de Londres (1841).
- Doutor honoris causa da Universidade de Oxford (1853).
- Medalla Copley da Royal Society (1862).[13]
- Premio Jecker da Academia de Ciencias de París (1862).
- Estatua de Graham, por William Brodie, en George Square, Glasgow (1872).[14]
- O edificio de Química do Royal College of Science and Technology da Universidade de Strathclyde), chámase Thomas Graham Building desde 1962.[15]
- A sede da Royal Society of Chemistry en Cambridge, Inglaterra, chámase Thomas Graham House.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Thomas Graham". Encyclopaedia Britannica (Britannica.com).
- ↑ Stanley, M. (2004). "Thomas Graham, British chemist". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Former Fellows of the Royal Society of Edinburgh 1783–2002. Biographical Index. Part One. The Royal Society of Edinburgh. 2006. ISBN 0-902-198-84-X
- ↑ Williamson, A. (1869).
- ↑ 5,0 5,1 Pallab Ghosh (2009). Colloid and Interface Science. PHI Learning. Páxina 1. ISBN 978-81-203-3857-9
- ↑ "A list of the Masters of the Mint". En Rogers, R. (1840). Annals of the Coinage of Great Britain and its Dependences. Vol. I. J. Hearne, Londres.
- ↑ "Graham diffusion". Lemoyne.edu
- ↑ Graham, T. (1833). "On the Law of Diffusion of Gases". En Philosophical Magazine, 2. Páxinas 175-190, 269-276, 351-358.
- ↑ Cussler, E. L. (2009). Diffusion: Mass Transfer in Fluid Systems. Cambridge University Press. Páxinas 13 e seguintes. ISBN 978-0-521-87121-1
- ↑ "Graham effusion". Lemoyne.edu
- ↑ Trefil, J. S. (2003). The Nature of Science: An A–Z Guide to the Laws and Principles Governing Our Universe. Houghton Mifflin Harcourt. Páxinas 187 e seguintes. ISBN 978-0-618-31938-1
- ↑ "Colloid (Phisics)". Encyclopaedia Britannica (Britannica.com).
- ↑ «Royal Medal». The Royal Society (Royalsociety.org).
- ↑ "George Square Thomas Graham Statue". Historic Environment Scotland.
- ↑ "Thomas Graham Building". Accessable.co.uk
- ↑ "Thomas Graham House". Royal Society of Chemistry (RSC.org).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cooke, J. P. (1870). "Memoir of Thomas Graham". En Proceedings of the American Academy of Arts and Sciences. Vol. VIII. 24 de maio. Páxinas 230-239.
- Williamson, A. (1869). "The Late Professor Graham". En Nature. 1 (1). Páxinas 20-22
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: John Herschel |
Director da Real Casa da Moeda do Reino Unido 1855-1869 |
Sucesor: Charles William Fremantle |
- Nados en 1805
- Nados en Glasgow
- Finados en 1869
- Alumnos da Universidade de Glasgow
- Alumnos da Universidade de Edimburgo
- Profesores do University College London
- Profesores da Universidade de Strathclyde
- Doutores honoris causa pola Universidade de Oxford
- Químicos de Escocia
- Directores da Royal Mint
- Medalla Copley