Thomas Crapper
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de setembro de 1836 Thorne |
| Morte | 27 de xaneiro de 1910 Anerley |
| Lugar de sepultura | Beckenham Crematorium and Cemetery (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Hidráulica |
| Ocupación | fontaneiro, inventor de patentes |
| Familia | |
| Fillos | Edith Crapper |

Thomas Crapper, nado en Waterside, Thorne, Yorkshire, Inglaterra, en setembro de 1838 e finado en xaneiro de 1910, foi fontaneiro e fundador de Thomas Crapper & Co. Ltd., en Londres. A pesar da lenda urbana, non foi Crapper o inventor do retrete (o mito é amais fomentado polo xogo de palabras do seu apelido). Crapper, non obstante, fixo moito por estender a popularidade de dito elemento sanitario e mesmo argallou algúns inventos relacionados. Obtivo público recoñecemento por mor da calidade dos seus produtos así como tamén recibiu parabéns institucionais.