Thomas Ashe
Thomas Ashe | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 12 de xaneiro de 1885 |
Lugar de nacemento | Lispole |
Falecemento | 25 de setembro de 1917 |
Lugar de falecemento | Dublín |
Soterrado | Glasnevin Cemetery |
Nacionalidade | Irlanda e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Alma máter | De La Salle College Waterford |
Ocupación | político |
Irmáns | Nora Ashe |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Thomas Ashe ou Tómas Ágas (en irlandés), nado en Lispole, condado de Kerry (Irlanda) o 12 de xaneiro de 1885 e finado en Dublín o 25 de setembro de 1917, foi un revolucionario irlandés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ashe era mestre de escola, membro da Asociación Atlética Gaélica (GAA) e da Liga Gaélica, máis tarde ingresou na Irmandade Republicana Irlandesa, onde fixo amizade con John Devoy, Roger Casement e Joe Mac Garrity. Durante o Alzamento de Pascua de 1916 dirixiu o V Batallón da Brigada de Dublín dos Voluntarios Irlandeses e se enfrontou aos RIC en Ashbourne (condado de Meath), provocando oito mortos e cinco feridos ata que se rendeu por orde de Patrick Pearse. Xunto con Éamon de Valera foi condenado a morte, mais finalmente sería condenado a cadea perpetua en Lewes (Inglaterra).
No verán de 1917 foi liberado, mais foi arrestado novamente por facer discursos independentistas. Prisioneiro na prisión de Mountjoy (Dublín), fixo unha folga de fame ata a morte en demanda do estatuto de prisioneiro político.