This Is England

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «This is England»)

This Is England
Ficha técnica
Título orixinalThis Is England
DirectorShane Meadows
ProdutorMark Herbert
GuiónShane Meadows
Paddy Considine (sen acreditar)
IntérpretesThomas Turgoose
Stephen Graham
Jo Hartley
Andrew Shim
Vicky McClure
Joseph Gilgun
Rosamund Hanson
MúsicaLudovico Einaudi
FotografíaDanny Cohen
MontaxeChris Wyatt
EstudioWarp Films
FilmFour Productions
DistribuidoraOptimum Releasing
Estrea2006
Duración102 minutos[1]
OrixeInglaterra Inglaterra
XéneroDrama
Orzamento£1,5 millóns[2]
Recadación£5 millóns[3]
Na rede
IMDB: tt0480025 Filmaffinity: 610190 Allocine: 120682 Rottentomatoes: m/this_is_england Mojo: thisisengland Allmovie: v358990 TCM: 644048 Metacritic: movie/this-is-england TV.com: movies/this-is-england Netlix: 70061577Editar o valor em Wikidata

This Is England é un filme inglés escrito e dirixido por Shane Meadows que se estreou no 2006. É un exemplo de cinema independente e social inglés, que mostra o movemento skinhead desde un punto de vista antirracista.

Argumento[editar | editar a fonte]

O argumento está ambientado na Inglaterra dos anos oitenta, na época da Guerra das Malvinas, onde un rapaz de 12 anos chamado Shaun (Thomas Turgoose), perde o seu pai na guerra e múdase de cidade.

A vida a Shaun na nova cidade non lle agrada moito, xa que sempre lea cos compañeiros de clase que se mofan do seu aspecto e do seu defunto pai. Un día, Shaun coñece a unha banda de mozos skinhead encabezada por Woody. Os membros, ao velo tan abatido, deciden animalo e adóptano na súa banda. A partir dese momento, o cativo participa nas esmorgas dos mozos. Entón Shaun decide converterse nun skinhead coma eles.

Semanas despois aparece Combo, un antigo membro da banda, que logo de tres anos no cárcere se presenta con ideas nacionalistas racistas, e a partir de aí, divídense entre os membros que teñen ideais antirracistas e os que seguen as ideas de Combo. Shaun, convencido polas palabras de Combo, que se aproveita da tristeza que este sofre pola morte do seu pai nas Malvinas, decide ficar ao lado do novo líder para "loitar polo orgullo de seu pai", mais co tempo darase conta do erro cometido.

Nunha noite, Combo, despois de fumar porros que lle mercara a Milky (o único negro do grupo) canda el, Shaun e outros máis; comeza a golpealo con rabia até deixalo inconsciente, aínda que ao final lle entra o remorso e o leva ao hospital coa axuda dos outros.

Na fin da película Shaun tira a bandeira da cruz de San Xurxo ao mar.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. British Board of Film Classification, ed. (6 de febreiro de 2007). "THIS IS ENGLAND (18)". Consultado o 21 de xullo de 2013. 
  2. The Numbers (ed.). "This is England". Consultado o 27 de novembro de 2011. 
  3. Box Office Mojo (ed.). "This Is England". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2012. Consultado o 27 de novembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]