This Boy's Life

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

This Boy's Life
Ficha técnica
Título orixinalThis Boy's Life
DirectorMichael Caton-Jones
ProdutorFitch Cady
Art Linson
GuiónRobert Getchell
Baseado enThis Boy's Life de Tobias Wolff
IntérpretesLeonardo DiCaprio
Robert De Niro
Ellen Barkin
MúsicaCarter Burwell
FotografíaDavid Watkin
MontaxeJim Clark
EstudioKnickerbocker Films
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea1993
Duración114 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Recadación$4 104 962[1]

This Boy's Life é un filme estadounidense dirixido por Michael Caton-Jones que foi estreado en 1993. É unha adaptación das memorias de Tobias Wolff recollidas no libro This Boy's Life.

Argumento[editar | editar a fonte]

En 1957, Caroline (Ellen Barkin), unha nai solteira e o seu fillo Toby (Leonardo DiCaprio) foxen da cidade para atopar unha nova vida. Rematan nun pequeno pobo chamado Concrete no Estado de Washington, onde ela coñece a un educado e amable mecánico de taller chamado Dwight (Robert De Niro). Caroline casa con Dwight, pero pronto descobre que o que parecía un amábel mecánico, é un autoritario e abusivo home que lle fai a vida imposible ó rapaz. Toby, pola súa actitude rebelde, continuamente se mete en problemas na escola. Mentres Toby medra, os abusos de Dwight empeoran, e na mesma medida aumenta a súa gana de deixar o pobo e abandonar o fogar de Dwight. Caroline e Toby loitan por manter a esperanza nunha situación que parece imposíbel de soportar.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "This Boy's Life (1993)". Box Office Mojo. Consultado o 12 de xullo de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]