Theodore Sturgeon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Theodore Sturgeon
Nome completoEdward Hamilton Waldo
AlcumeE. Waldo Hunter
Nacemento26 de febreiro de 1918
 Staten Island
Falecemento8 de maio de 1985
 Eugene
Causapneumonía
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónateísmo
Ocupaciónnovelista, letrado, autobiógrafo, escritor, guionista, crítico literario, escritor de ciencia ficción e xornalista
PaiEdward Molineaux Waldo
IrmánsPeter Assheton Sturgeon
Coñecido/a porMore Than Human, Microcosmic God, I, Libertine e Amok Time
PremiosPremio Nébula, Inkpot Award, Science Fiction and Fantasy Hall of Fame, Prémio Seiun, Premio Hugo ó mellor relato curto, International Fantasy Award e Retro Hugo Award for Best Novella
Na rede
IMDB: nm0836318 Allmovie: p282967
WikiTree: Waldo-596 Find a Grave: 7511468 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Theodore Sturgeon, de nome verdadeiro Edward Waldo, nado o 26 de febreiro de 1918 e morto o 8 de maio de 1985, foi un escritor norteamericano do xénero fantástico e de ciencia ficción. Máis que o seu estilo, é o ambiente e os temas abordados nos seus escritos o que fan deste autor un caso particular no universo da ciencia ficción e do fantástico, pódese falar dun universo sturgeoniano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Theodore Sturgeon naceu en Staten Island, Nova York, os seus pais divorciáronse en 1927, cando Theodore tiña nove anos, a súa nai volve casar en 1929 cun profesor de orixe escocesa, William Dicky Sturgeon, quen lle obrigou a cambiar de nome e apelido Edward Hamilton Waldo chamarase desde entón Theodore Hamilton Sturgeon. Casou cinco veces, as súas esposas foron por orde: Dorothy Fillingame (1940/1945), Mary Mair (1949/1951), Marion McGahan (1951/1965), Wina Bonnie Golden (1969/1976) e Jayne Tannahill (1976/ata a morte de Sturgeon). Tivo en total sete fillos.

En 1938 apareceu o seu primeiro relato no xornal McClure's Syndicate , e ao ano seguinte publicou o seu primeiro relato do xénero fantástico, e así seguiu escribindo numerosos relatos destinados a revistas de ciencia ficción como Astounding Science Fiction e Unknown. Tamén escribiu, en tanto que negro, un episodio das aventuras do detective Ellery Queen, The Player on the Other Side (Random House, 1963).

A maioría das obras de Sturgeon teñen un aire poético e mesmo elexíaco, utilizou nos seus escritos a técnica da prosa rítmica que debía asegurar á unha escrita unha certa regularidade métrica e permitíalle proceder a tenues cambios de atmosfera que escapan á conciencia do lector.

Theodore Sturgeon tamén escribiu guións dalgúns episodios de Star Trek : Shore Leave (1966) e Amok Time (1967), este último coñécese por inventar o Pon farr, o ritual sexual dos vulcain. Sturgeon escribiu máis guións para a serie que non se filmaron endexamais.

Aínda que non foi un autor popular, influíu en autores da ciencia ficción máis coñecidos como Ray Bradbury e Kurt Vonnegut.

Obras[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

Coleccións de relatos[editar | editar a fonte]

  • Caviar (1955). Inclúe:- Bright Segment; Microcosmic God; Ghost of a Chance; Prodigy; Medusa; Blabbermouth; Shadow, Shadow on the Wall; Twink.
  • A Touch of Strange (1958). Inclúe:- The Pod in the Barrier; A Crime For Llewellyn; The Touch of Your Hand; Affair With A Green Monkey; The Girl Had Guts; The Other Celia; It Opens the Sky; A Touch of Strange.
  • E Pluribus Unicorn (1959). Inclúe:- The Silken-Swift; The Professor's Teddy-Bear; Bianca's Hands; A Saucer of Loneliness; The World Well Lost; It Wasn't Syzygy; The Music; Scars; Fluffy; The Sex Opposite; Die, Maestro, Die!; Cellmate; A Way of Thinking.
  • Not Without Sorcery (1948). Inclúe:- The Ultimate Egoist; It; Poker Face; Shottle Bop; Artnan Process; Memorial; Ether Breather; Butyl and the Breather; Brat; Two Percent Inspiration; Cargo; Maturity; Microcosmic God.
  • Starshine (1968). Inclúe:- "Derm Fool"; The Haunt; Artnan Process; The World Well Lost; The Pod and the Barrier; How to Kill Aunty.
  • Sturgeon in Orbit (1970). Inclúe:- Extrapolation; The Wages of Synergy; Make Room For Me; The Heart; The Incubi of Parallel X.
  • Sturgeon Is Alive and Well... (1971). Inclúe:- To Here and the Easel; Slow Sculpture; It's You!; Take Care Of Joey; Crate; The Girl Who Knew What They Meant; Jorry's Gap; It Was Nothing—Really!; Brownshoes; Uncle Fremmis; The Patterns Of Dorne; Suicide.
  • The Worlds of Theodore Sturgeon (1972). Inclúe:- The Skills of Xanadu; There is No Defense; The Perfect Host; The Graveyard Reader; The Other Man; The Sky Was Full of Ships; Shottle Bop, Maturity; Memorial.
  • To Here and the Easel (1973). Inclúe:- To Here and the Easel; The Skills of Xanadu; There is No Defence; The Perfect Host; The Graveyard Reader; Shottle Bop.
  • Case and the Dreamer (1974). Inclúe:- Case and the Dreamer; If all men were brothers, would you let one marry your sister?; When you care, when you love.

Relatos[editar | editar a fonte]