Theodor Benfey
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de xaneiro de 1809 Nörten-Hardenberg |
| Morte | 26 de xuño de 1881 Gotinga |
| Educación | Universidade de Gotinga |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Indoloxía |
| Ocupación | filólogo, tradutor, profesor universitario, orientalista |
| Empregador | Universidade de Gotinga |
| Membro de | |
| Alumnos | Josef Budenz |
| Obra | |
| Arquivos en |
|
| Familia | |
| Irmáns | Rudolf Benfey |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бенфей Теодор) Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Theodor Benfey, nado o 28 de xaneiro de 1809 e finado o 26 de xuño de 1881, foi un filólogo alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia de comerciantes xudeus en Nötrn, nas proximidades de Gotinga, seu pai instruiuno na lingua hebrea, estudou filoloxía clásica na Universidade de Gotinga e pasou un ano en Múnic, onde quedou impresionado coas leccións de Schelling e Thiersch, e despois estableceuse como profesor en Frankfurt. En Gotinga, onde volvera para dar clases, escribiu un pequeno ensaio e publicou de 1839 ata 1842 o Griechisches Wurzellexikon. A partir da década dos corenta a súa atención centrouse no sánscrito, en 1848 publicou unha edición do Samaveda, Die Hymnen des Sâma Veda. En 1852-1852 publicou o Handbuch der Sanskritsprache, un completo manual do sánscrito, que incluía unha gramática, e en 1858 publicou unha gramática práctica desa lingua. En 1859 deu ó prelo unha edición do Panchatantra, Pantschatantra. Fünf Bücher indischer Fabeln, Märchen und Erzählungen. En 1866 publicou o seu monumental Sanskrit-English Dictionary.
