Saltar ao contido

Theo van Boven

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTheo van Boven

(1983) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de maio de 1934 Editar o valor en Wikidata
Voorburg Editar o valor en Wikidata
Morte9 de maio de 2026 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Cleveringa chair (en) Traducir
9 de xaneiro de 2001 – 31 de agosto de 2002
United Nations Special Rapporteur on torture (en) Traducir
2001 – 2004
 Nigel Rodley (pt) TraducirManfred Nowak  Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Leiden Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario, xurista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Leiden, Professor by special appointment (en) Traducir. Leiden Law School (en) Traducir (2001–2002)
Universiteit Maastricht
Universidade de Ámsterdam Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoFons Coomans Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Het verleden is niet voorbij (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Theo van Boven, nado nos Países Baixos en 1934 e finado o 9 de maio de 2026,[1] foi un profesor de dereito internacional pola Universidade de Maastricht e, entre 2001 e 2004, comisionado especial das Nacións Unidas contra a tortura. Así mesmo, foi director da división de Dereitos Humanos da ONU. En 1985 gañou o Premio Nobel Alternativo.

Informes sobre a tortura en España

[editar | editar a fonte]

Os informes de Theo van Boven sobre a tortura en España son dous informes publicados polo comisionado especial da Organización das Nacións Unidas contra a tortura. Un deles ten carácter específico para España e outro un carácter máis xeral.

Theo van Boven foi enviado especial da ONU para España, debido á preocupación mostrada pola Organización ante a gran dicotomía que existía entre a posición manifestada polo goberno español e un abundante número de denuncias de tortura no país. Por este motivo, realizou unha visita a España do 5 ó 10 de outubro de 2003, durante a cal realizou varios viaxes a Euskadi e a Madrid. Conseguintemente, publicou un informe o 6 de febreiro de 2004. Expresou o seguinte no resumo do seu informe: que a tortura ou os malos tratos non son sistemáticos en España, pero que, na práctica, o sistema permite a ocorrencia de tortura ou malos tratos, en particular no caso de persoas detidas en réxime de incomunicación por actividades terroristas. Debido a isto último, deu varios consellos para conseguir que as autoridades conseguiran maior credibilidade.

Despois do 1 de setembro de 2004, fixo outro informe sobre tortura e malos tratos; este informe, a diferenza do anterior, non versaba só sobre España. Neste segundo informe, concluíu que a tortura non é práctica sistemática, pero que dábanse numerosos casos debido a que as medidas de seguridade non eran completamente eficentes.

  1. Velez, Juan (2026-05-13). "ICJ mourns the passing of Theo van Boven, a leading light in the human rights movement | ICJ". International Commission of Jurists (en inglés). Consultado o 2026-05-13.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]