Theatinerkirche
| Theatinerkirche | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Múnic | |||||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||||
|
Epónimo
| |||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||
|
Estilo
| |||||||||||||||
|
Inspirado en
| |||||||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||||||
|
Diocese
| |||||||||||||||
|
Propietario/a
| |||||||||||||||
|
Fundador/a
| |||||||||||||||
|
Arquitecto/a
| |||||||||||||||
|
Dedicado a
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||

A Theatinerkirche que tamén é coñecida como a igrexa dos Teatinos debido a que estivo ao cargo dos padres da orde dos teatinos desde 1675 até 1801, ou San Caetano. É unha igrexa dedicada a San Caetano, localizada no centro de Múnic, no estado Alemán de Baviera. A igrexa foi edificada entre 1663 e 1690, e fundada polo elector Fernando I María e maila súa dona, Enriqueta Adelaida de Savoia, como xesto de agradecemento polo nacemento do desexado herdeiro da coroa bávara, o príncipe Maximiliano Manuel, en 1662.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]A igrexa erixiuse en estilo barroco tardío e italianizante. O proxecto foi obra do arquitecto italiano Agostino Barelli. O seu sucesor, Enrico Zuccalli, engadiulle as súas características dúas torres cunha altura de 64,60 metros e que non figuraban no proxecto orixinario. A cúpula, de 70,20 metros de altura e 17,70 metros de diámetro, acabouse en 1690. A fachada rococó foi acabada en 1768 por François de Cuvilles. A súa aparencia italiana e a súa cor amarela fixeron dela un dos símbolos da capital de Baviera e tiveron moita influencia sobre a arquitectura do Barroco no sur de Alemaña. A nave principal ten 72,50 metros de longo, 15,50 metros de anchura e 28,55 metros de altura.
Panteón dos reis da Baviera
[editar | editar a fonte]Na igrexa encóntranse, entre outros, túmulos da Casa de Wittelsbach, a familia real de Baviera durante séculos.
- Maximiliano I e súa esposa María de Prusia
- Lois I
- Maximiliano II de Baviera
- Oto I de Grecia
- Carlos VII, Sacro Emperador Romano-Xermánico
- Maximiliano III de Baviera
- Carlos Teodoro de Baviera
- Rodolfo de Baviera
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Theatinerkirche |
