Theano de Crotone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Theano de Crotone
Raffael 068.jpg
Nacementoséculo VI a. C.
 Crotone
Falecementoséculo VI a. C.
Ocupaciónmatemática, filósofa, astrónoma, bailarina, compositora e poeta
CónxuxePitágoras
FillosMnesarchus, Myia, Damo, Esara de Lucânia e Telauge
editar datos en Wikidata ]

Theano de Crotone[1] (en grego: Θεανώ), fl. no século VI a.C., é o nome dado a unha (quizais dúas) filósofa pitagórica. Foi denominada alumna, filla ou esposa de Pitágoras, aínda que outros a consideraron esposa de Brontinus. O seu lugar de nacemento e a identidade do seu pai tamén son incertos, levando a algúns autores a suxerir que hai máis dunha persoa da que os seus datos se fusionaron, e refírense a Theano I e Theano II.[2] Algúns fragmentos e cartas sobreviventes que se lle atribúen son de autoría incerta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pouco se saba sobre a vida de Theano, e as fontes antigas son confuas. Segundo unha tradición, chegou de Creta e era filla de Pythonax,[3][4] pero outros din que procedía de Crotone e era filla de Brontinus.[4][5][6] Moitos dixeron que era a esposa de Pitágoras,[3][4][5][6] aínda que outra tradición di que era filla de Brontinus.[4][5][7] Iamblichus, nun intento de resolver a confusión, refire a Deino como a esposa de Brontinus.[8]

Os fillos que adoitan adscribirse a Pitágoras e Theano inclúen tres fillas, Damo, Myia e Arignote, e un fillo, Telauges.[3][4][5][6] Suda escribiu que os fillos que tivo con Pitágoras foron Telauges, Mnesarkhos, Myia e Arignote.[9]

Escritos[editar | editar a fonte]

Os escritos atribuídos a Theano foron Apotegmas pitagóricos, Consello feminino, Sobre a virtude, Sobre a piedade, Sobre Pitágoras, Comentarios filosóficos e Cartas.[10] Ningún deste escritos sobreviviu agás algúsn fragmentos e cartas de autoría incerta. Fixéronse intentos para asignar estes fragmentos á orixinal Theano (Theano I) e a unha Theano posterior (Theano II),[11] mais é probable que todos sexan pseudónimos ficticios de escritores posteriores,[10][12] que intentaron aplicar a filosofía pitagórica á vida das mulleres.[10] o fragmento supervivente de Sobre a piedade refírese a unha analoxía pitagórica entre os números e os obxectos; as varias cartas que se conservan tratan de asuntos domésticos: como debería unha muller criar os seus fillos, como debería tratar os serventes e como debería comportarse co seu marido.[10]

Theano dixo a Hippodamus de Thurium (talvez Hippodamus de Mileto, que segundo Aristóteles planeou a cidade de Thurium no 440 a.C.),[13] que o tratado Sobre a virtude contén a doutrina da proporción áurea.[14]

Segundo Thesleff, Stobaeus e Heeren, Theano escribiu en Sobre a piedade:[1]

Aprendín que moitos dos gregos cren que Pitágoras dixo que todas as cousas estaban xeradas polo número. Esta afirmación posúe unha dificultade: Como poden cousas que non existen ser concibidas para xerar? Pero el non dixo que todo proveña do número, máis ben, segundo o número... baseándose en que a orde no sentido primario está no número e é pola participación na orde que primeiro, segundo e todo o resto se asigna secuencialmente á cousas que se contan.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Waithe, M.E. (1987). A History of Women Philosophers: Volume I: Ancient Women Philosophers, 600 B.C.-500 A.D. p. 12. ISBN 9789024733484. 
  2. Plant, Ian Michael (2004). Women writers of ancient Greece and Rome: an anthology. University of Oklahoma Press. p. 68. ISBN 978-0-8061-3621-9. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Porphyry, Life of Pythagoras, 4
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Suda, Theano θ84
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Diogenes Laërtius, viii. 42-3
  6. 6,0 6,1 6,2 Suda, Pythagoras π3120
  7. Suda, Theano θ83
  8. Iamblichus, On the Pythagorean Life, 132
  9. Suda Encyclopedia, th.84
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 Ian Michael Plant, (2004), Women writers of ancient Greece and Rome: an anthology, páx. 69. Universidade de Oklahoma Press
  11. Mary Ellen Waithe, A History of Women Philosophers. Volume 1, 600 BC-500 AD. Springer
  12. Voula Lambropoulou, Some Pythagorean female virtues, in Richard Hawley, Barbara Levick, (1995), Women in antiquity: new assessments, páx. 133. Routledge
  13. Sturgis, Russell; Davis, Francis A. (2013). Sturgis' Illustrated Dictionary of Architecture and Building: An Unabridged Reprint of the 1901-2 Edition. p. 386. ISBN 9780486145921. 
  14. Mary Ritter Beard, (1931), On understanding women, p. 139. See also: Mary Ritter Beard (1946), Woman as force in history: a study in traditions and realities, páx. 314.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kai Brodersen, Christoph M. Wieland, (2010), Theano: Briefe einer antiken Philosophin. Greek/German. Reclams Universal-Bibliothek 18787, Stuttgart. ISBN 978-3-15-018787-6

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]